InicioA CORUÑAA Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

Publicada o

Por editor

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules no Sistema galego de centros museísticos. Segundo destacou a Xunta, este Centro constitúe unha alternativa para todas as persoas que queiran coñecer o interior do monumento e a súa historia.

Inclúe actividades de carácter ambiental, cultural, arqueolóxico e de recreación histórica, que contan coa participación de asociacións culturais e ambientais locais. Tamén se realizan presentacións de diversa índole e visitas específicas de centros educativos.

Agora, coa súa inserción no Sistema galego de centros museísticos permitirase continuar coa súa programación a través do acceso a liñas de axudas públicas, a participación en accións formativas de interese para as súas iniciativas, o acceso a propostas colaborativas ou a actividades itinerantes promovidas pola Administración autonómica.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here