InicioSOCIEDADEObras en Castro de Elviña e recuperación da Cidade Vella, eixos do...

Obras en Castro de Elviña e recuperación da Cidade Vella, eixos do Plan de Barrios

Publicada o

Por europapress

O Plan de Barrios 2025-27 do Concello da Coruña conta “con máis de medio centenar de actuacións sobre a mesa, 30 en execución, oito a piques de comezar e 14 en fase de licitación”. Así o manifestou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, na rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno celebrada este mércores.

En concreto, expuxo, que acaban de saír a concurso as obras para mellorar as infraestruturas da rede de saneamento nos núcleos poboacionais de Castro de Elviña, cun investimento de máis de 800.000 euros.

Sobre a Xunta de Goberno, aseverou que, entre outras medidas, deuse luz verde aos proxectos financiados con fondos estatais para diversas actuacións de mellora que contribuirán á posta en valor da Cidade Vella en clave cultural, arquitectónica e arqueolóxica. Estas iniciativas dispoñen dun investimento de 2,2 millóns, dous deles por parte de Executivo central.

En total, recalcou a rexedora, o goberno local aprobou financiamento por máis de tres millóns de euros, que se suman aos máis de 5,2 aprobados tamén na última Xunta, realizada en agosto na que se impulsou o Plan de Barrios. “En 15 días, máis de oito millóns de euros para contribuír desde o público á mellora de nuetra cidade”, apostilou Inés Rey.

ÚLTIMAS

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Feria de abril en Riazor

Xornada 7 – Deportivo 1 – Betis 1 Punto de loita e superación...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...