InicioCULTURAÚltimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Últimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Publicada o

Por editor

Foron máis de 120.000 persoas as que participaron na feira, tanto ás distintas exposicións, como ás charlas, obradoiros, concertos e outras actividades do festival Viñetas desde o Atlántico durante a semana do 11 ao 17 de agosto. Pero a proposta da edición deste ano liderada polo gran Manel Cráneo de deslocalizar e estirar o festival ata o outono, permite que esa cifra siga aumentando.

De feito, as exposicións que forman parte da edición número 28 do Salón do Cómic coruñés aínda se poden visitar ata finais deste mes de setembro.

Algunhas pechan xa esta vindeira fin de semana, como é o caso das da Sala Municipal de Palexco. Máis que recomendable a visita ao Palexco, para ver de preto a Mafalda, e mergullarse na relación coa música que tiña “Quino”. Ademais dunha peza documental de gran interese, a sala tamén deixa espazo para os máis peques coas historias de “Astro-Rato e Lampadiña”, nun espazo de lectura, e tamén sacar a nosa arte e pintar á nosa Mafalda.

un debuxo de mafalda na expo Free Palestine
Un debuxo de Mafalda feito na exposición de Quino

O Viñetas desde o Atlántico, dentro da súa sección Viñetas Expo, acolle este ano ata 20 mostras, incluíndo ‘Quino na Música’, ‘Astro-Ratón y Bombillita’ de Fermín Solís na Sala Municipal de Palexco; ‘Viñetas y Decibeis’, no Quiosco Alfonso, con obras de Victor Coyote, Azagra, Revuelta, Magius, Miguel B. Núñez, Cols (Olivia e Clara Cábez) e Don Rogelio J; e ‘Wobbly’ de Dave Cooper, na Casa Museo Pablo Picasso. Por outra banda, en colaboración coa Deputación da Coruña, a Sala Municipal de María Pita, acollerá obras de Inacio e Iván Suárez e as gañadoras dos Premios Castelao 2024, Sandra Lordi e Laura Suárez.

Espazo de lectura no
Espazo de lectura na exposición do Palexco do Viñetas

Exposicións abertas

  • ‘Castelao en BD’ – Sala de Exposicións de María Pita – Ata o 28 de setembro
  • ‘Viñetas e Decibelios’ con obras de Victor Coyote, Azagra, Revuelta, Magius, Miguel B. Núñez, Cols (Olivia e Clara Cábez) e Don Rogelio J – Quiosco Alfonso – Ata o 28 de setembro.
  • ‘Quino na Música’ e ‘Astro-Rato e Lampadiña. De marcha polo espazo’ – Sala de Exposicións de Palexco – Ata o 21 de setembro.
  • ‘Premios Castelao: Sandra Lodi e Laura Suárez’ e ‘Historias da historia’ – Sala de Exposicións Salvador de Madariaga – Ata o 28 de setembro.
  • ‘Expofanzines Autobán’ – Sala de Exposicións Salvador de Madariaga – Ata o 21 de setembro.
  • ‘Wobbly’ de Dave Cooper – Casa Museo Pablo Picasso – Ata o 28 de setembro.
  • ‘Viñetas para un mundo mellor: BD sostible’ – Fórum Metropolitano – Ata o 21 de setembro.
  • ‘¿Qué hostias hay de comer?’ de Paula Esteban – Cervezoteca Malte – Ata o 28 de setembro.
  • ‘Pulpos do Cómic’ – Pulpeira de Melide – Exposición permanente

Máis novas

As boas cifras do Viñetas desde o Atlántico

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here