InicioSOCIEDADEO Concello da Coruña sacará a poxa forzosa inmobles en ruínas nos...

O Concello da Coruña sacará a poxa forzosa inmobles en ruínas nos que os propietaros non executaran obras de conservación

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña sacará a poxa forzosa aqueles inmobles en ruínas nos que as persoas propietarias non executen as obras de conservación esixidas. O primeiro dos edificios que sairá á venda será o do número 3 de cálea Damas, con orde de rehabilitación desde o ano 2018.

“A proposta busca permitir a conservación do patrimonio xa construído e tamén terminar co problema de insalubridade e inseguridade que xeran estas estruturas sen uso”, subliñou a alcaldesa, Inés Rei.

Fíxoo ao presentar o Plan Municipal para a Recuperación de Ruínas, unha iniciativa promovida desde a Concellaría de Urbanismo,Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade co obxectivo de dar solucións máis áxiles ao estado de abandono no que están algúns edificios.

A través deste Plan, o Concello sacará a poxa pública forzosa aqueles inmobles nos que as persoas propietarias das edificacións incumprisen os seus deberes en materia de conservación e rehabilitación, nos prazos e condicións marcados pola lei.

O Concello elaborou un informe de diversos inmobles que a día de hoxe se atopan en situación de abandono, e sobre os que o consistorio emitiu a declaración de incumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación que impón a lei.

“Hai oito nos que se prevé actuar pola súa situación actual, sexa por antigüidade ou deterioración, falamos de edificios situados na rúa Damas, no barrio da Cidade Vella; a rúa Orzán e a súa contorna, e tamén no edificio número 8 da rúa de Santa Lucía”, expuxo a rexedora.

ÚLTIMAS

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi...

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos na Coruña

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade...

GLS Spain consolida a súa presenza en Galicia cunha nova nave na Coruña

GLS Spain reforza a súa presenza na comunidade galega coa apertura dunha nova nave...

O PSOE de Arteixo insta o goberno local a que poña en marcha o método CER para xestionar as colonias felinas

O grupo municipal socialista do Concello de Arteixo (A Coruña) denunciou a "inacción" do...