InicioOLEIROSAs familias do CEIP Ramón María del Valle-Inclán de Oleiros saen á...

As familias do CEIP Ramón María del Valle-Inclán de Oleiros saen á rúa contra os recortes

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cada vez son máis comunidades escolares as que se están a mobilizar polos recortes da Xunta en materia de ensino, sobre todo, no que atinxe ao apoio ás NEE (Necesidades Educativas Especiais) e aas NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo). Xa vimos protestar ás familias do CEIP Concepción Arenal, e comprobamos o ateigadas que están as aulas no María Barbeiro e no Alborada.

Esta semana é a ANPA do CEIP Ramón María del Valle-Inclán de Oleiros a que quere facer pública a “grave situación que está a sufrir o centro debido a unha alarmante falta de persoal docente”. De feito, trala Asemblea extraordinaria urxente celebrada o pasado luns, as familias decidiron, entre outras medidas, realizar unha manifestación social ás portas do colexio hoxe luns día 29 ás 15:45 horas.

Lembran que no Colexio faltan, cando menos, 2 docentes. Sinalan que a ratio alumnado/profesorado é do 12,2%, cando segundo datos do Conselleiro de Educación, a media en Galicia é do 9,9 e en España do 11,3.
O colexio non conta con ningún profesor MEGA, tamén coñecido como profesorado
de apoio á inclusión, o que dificulta que no centro se poida impartir un ensino de calidade, personalizar o apoio educativo e garantir a inclusión e o desenvolvemento integral do alumnado.
Así, conclúen, “a situación descrita no comunicado á Xefatura Territorial, compromete seriamente a seguridade dos menores (no noso colexio, no ano 2023 un menor perdeu a visión dun ollo nunha situación de precariedade como a descrita) e o dereito fundamental a recibir as horas lectivas correspondentes”.

En contacto coa Dirección, co Concello e coa ANPA veciña

Dende a ANPA que están en contacto coa Dirección do Colexio e co concello Concello de Oleiros, que en todo momento nos amosou o seu apoio e colaboración, lembrando que xa enviaron unha solicitude por rexistro, tanto á Xefatura Territorial da Consellería de Educación como á Inspección Educativa para que “revirta esta situación e dote do persoal necesario ó noso colexio, sen que haxa resposta ata día de hoxe”.

Tamén están en contacto coa ANPA Nós Oleiros do CEIP Juana de Vega, que está a levar a cabo accións co fin de tratar de solucionar un problema semellante no seu colexio, e traballamos coa idea de sumar forzas se as nosas demandas non son atendidas.

Máis novas sobre os recortes no ensino

A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio

A Consellería négase a desdobrar dúas aulas masificadas nos CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada

ÚLTIMAS

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

Ferroglobe presenta un ERTE para todo o seu persoal de 113 traballadores en Arteixo ata final de 2027

Ferroglobe, única produtora de silicio en España, presentou un Expediente de Regulación Temporal de...

A licitación o servizo de axuda a domicilio do Concello da Coruña por 25 millóns de euros

A xunta de goberno local da Coruña deu luz verde á saída a licitación...

Traballadoras de Concentrix mobilizadas contra o ERE esixen alternativas á “destrución de emprego”

Traballadoras de Concentrix volvéronse a mobilizar este mércores contra un posible ERE na empresa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here