InicioOLEIROSAs familia do CEIP Valle-Inclán de Oleiros saen á rúa: “Neste centro,...

As familia do CEIP Valle-Inclán de Oleiros saen á rúa: “Neste centro, faltan mestres!”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Concentráronse as familias da ANPA do CEIP Ramón María del Valle-Inclán de Oleiros ante a “grave situación que está a sufrir o centro debido a unha alarmante falta de persoal docente”. Ao berro “Neste centro, faltan mestres”, as familias reivindicaron o seu dereito a un ensino público de calidade.

A ANPA lembra que no colexio faltan, cando menos, 2 docentes, xa que o que a ratio alumnado/profesorado é do 12,2%, cando segundo datos do Conselleiro de Educación, a media en Galicia é do 9,9 e en España do 11,3.

Ademais, o colexio non foi reforzado con ningún profesor MEGA, tamén coñecido como profesorado de apoio á inclusión, o que dificulta que no centro se poida impartir un ensino de calidade, personalizar o apoio educativo e garantir a inclusión e o desenvolvemento integral do alumnado.

Así, conclúen, “a situación descrita no comunicado á Xefatura Territorial, compromete seriamente a seguridade dos menores (no noso colexio, no ano 2023 un menor perdeu a visión dun ollo nunha situación de precariedade como a descrita) e o dereito fundamental a recibir as horas lectivas correspondentes”.

En contacto coa Dirección, co Concello e coa ANPA veciña

Dende a ANPA que están en contacto coa Dirección do Colexio e co concello Concello de Oleiros, que en todo momento nos amosou o seu apoio e colaboración, lembrando que xa enviaron unha solicitude por rexistro, tanto á Xefatura Territorial da Consellería de Educación como á Inspección Educativa para que “revirta esta situación e dote do persoal necesario ó noso colexio, sen que haxa resposta ata día de hoxe”.

Tamén están en contacto coa ANPA Nós Oleiros do CEIP Juana de Vega, que está a levar a cabo accións co fin de tratar de solucionar un problema semellante no seu colexio, e traballamos coa idea de sumar forzas se as nosas demandas non son atendidas.

Máis novas sobre os recortes

A Consellería négase a desdobrar dúas aulas masificadas nos CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada

A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio

Outras novas das ANPAS

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

Defensa do Común explica este venres como é a situación actual das urbanizacións da Maestranza en Portas Ártabras

Defensa do Común e a asociación veciñal da Cidade Vella anuncian para este venres,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here