InicioCULTURAO Café Universal estrea un ciclo de noites poéticas

O Café Universal estrea un ciclo de noites poéticas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O poeta de Mazaricos Ismael Ramos, galardoado recentemente co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández pola súa obra ‘Lixeiro’, será o protagonista da primeira sesión de “Terceiro tempo”, un novo ciclo que pon en marcha o Café Universal da Coruña en colaboración coa revista VINTE e coa libraría Lume, tamén da cidade.

O eterno café herculino, situado na Estreita de San Andrés e rexentado por Xulio Vázquez, trae a poesía “á calor do amor dun bar”.
As sesións celebraranse o último xoves de cada mes ás 21h con diferentes poetas do ámbito galego. A primeira conversa conducida pola polifacética María Yáñez este xoves 26 ás 21h, falando dende como é medrar nunha taberna, dos bares da Coruña, do Superdépor, do Tinder ou do primeiro tren da mañá Coruña – Vigo.

ÚLTIMAS

Agosto en familia cos espectáculos de Cascarillarte polos barrios

Ademais ás Festas de María Pita, ao Autobán, e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

O Autobán completa a oferta cultural da cidade

En paralelo ás Festas de María Pita e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

Desvían dous voos no aeroporto da Coruña por baixa visibilidade

A baixa visibilidade pola néboa coa que amenceu este martes o aeroporto coruñés de...

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here