InicioA CORUÑAA Xunta interpuxo 112 multas a vehículos VTC por servizos urbanos na...

A Xunta interpuxo 112 multas a vehículos VTC por servizos urbanos na Coruña

Publicada o

Por editor

O Goberno galego enviou este ano case 250 actas de infracción aos concellos por servizos prestados no ámbito urbano por vehículos VTC en Galicia, a maioría a Santiago de Compostela (116) e A Coruña (112), pero tamén 17 a Vigo e dous a Culleredo.

Así o trasladou a Consellería de Presidencia nun comunicado no que informa tamén o envío dunha comunicación ás empresas titulares de VTC, e ás plataformas de intermediación entre as persoas usuarias e as titulares de autorizacións VTC que operan actualmente en Galicia (Uber, Bolt e Cabify), co obxectivo de lembrarlles os deberes legais para prestar o servizo, que pode realizarse en todo o territorio galego pero sempre entre municipios.

Así, incídese en que non poden ter publicidade nin signos externos identificativos e en que deben levar a bordo unha copia do correspondente contrato, ou dispor dos medios que permitan acreditalo. No contrato deben figurar, entre outros, os datos de identificación da persoa que o subscribe e do vehículo, o número de autorización de arrendamento do mesmo; así como o lugar, día e hora de comezo do servizo, a súa duración e o prezo ou os criterios obxectivos para calculalo.

A normativa establece tamén o deber da remisión da información do servizo prestado ao Rexistro de Comunicacións de Servizos de Arrendamento de Vehículos con Condutor (RCTV), tanto do contrato como do inicio do servizo, e que os servizos deben contratarse cunha antelación mínima de 15 minutos á realización.

A Xunta recalca que ten competencia para “controlar e sancionar” os servizos interurbanos que detecte dentro da comunidade autónoma en relación cos requisitos e deberes recolleitos na Lei de transporte en vehículos de turismo e normativa autonómica de desenvolvemento, así como os recolleitos na normativa estatal de aplicación, e así o fai en todos os casos nos que se detecta unha infracción.

Os VTC poderán circular pola Zona de Baixas Emisións da Coruña nas mesmas condicións que os taxis

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

A caseta dos falcóns do aeroporto sofre un incendio que xa foi extinguido

Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here