Xa non queda nada para este sábado 8 de novembro, cando o Mercado de San Agustín se convirta nun foro de reflexión sobre o estado de saúde da cultura herculina.
A primeira edición do Coruñart, o I Feira das Industruas Culturais e Creativas, celebrará un completa xornada cun programa no que se mesturan citas profesionais e actividades para o público xeral.
Por un lado, o colectivo de profesionais do sector ou as persoas con interese en involucrarse, poderá acceder a charlas, mesas de debate e talleres formativos, accesibles mediante acreditación previa (pode adquirirse por 20€ máis gastos de xestión na web de Ataquilla). Polo outro, hai unha programación aberta ao público xeral, pensada para que todas as persoas que se acheguen ao Mercado de San Agustín teñan unha experiencia inmersiva, descubrindo novas propostas culturais.
Programación aberta
- 11:00.- Pregón a cargo de Lúa Mosquetera
- 12:00.- Micro literario, coa participación de escritoras/as/es de diversos estilos que presentará os seus proxectos.
- 13:00.- Taller de estampación “Bícame, estampas para a lembranza”, no que os asistentes poderán estampar as súas prendas (podes levar a prenda que queiras)
- 14:00.- Concerto de Carlos Bau
- 17:00.- Showcases musicais, coa participación de diversos artistas musicais que tocarán as súas creacións para o público.
- 20:00.- Concerto de Luis Moro
Programa para profesionais
9 eventos (mesas redondas e obradoiros) organiza o CoruñArt ao longo da xornada nos seus dous escenarios.
A cousa arrinca ás 11:30h cunha mesa redonda sobre a “política cultural” da cidade, coa participación dos concelleiros de cultura dos últimos 25 anos. Carlos González Garcés, concelleiro de cultura entre os anos 2003 e 2007; María Xosé Bravo, concelleira de cultura entre os anos 2007 e 2011; José Manuel Sande, concelleiro de cultura entre os anos 2015 e 2019 e Roberto Coira, concelleiro do PP, en representación de Ana Vilaseco, que non poderá asistir por cuestións persoais, serán os protagonistas da primeira mesa do día.
Ás 12:30h, Tomi Legido, manager en DezdeDez, vicepresidente de Clubtura e programador da Sala Mardigras, e Fani Vázquez, directora de Artestudio Xestión Cultural e programadora en proxectos como Cascarillarte ou Quincegota, falarán do sector musical dende o lado do programador.
Pecharán a mañá Abril Camino, Antía Yáñez, e Pablo Rañales, falando da profesionalización da escritura.
Pola tardiña, á 16:30h, os fotógrafos Brais Lorenzo, e Xabier Quiroga falarán de fotografía con Juan Varela.
Volverase falar de música con Patricia Hermida, presidenta de AGEM e CEO de DotBeat!
e Josiño Carballo, director de Ernie Records, nunha mesa moderada por Noel Turbulencias, divulgador musical e autor de Galicia MusiCalidade.
E as dúas últimas mesas da tarde, 18:30h e 19:30h, serán sobre a profesionalización da ilustración. Primeiro estarán Santy Gutierrez e Irene Sanjuan falando conMiriam García.
E de seguido Laura Rodríguez, editora jefe de Hércules de Ediciones, Iago Fandiño, editor jefe de Calacán e escritor e Rober Cagiao, escritor con obra autopublicada e obra publicada en editorial tradicional, debaterán con Betty Rodríguez, directora da biblioteca Durán Loriga, sobre a autopublicación ou a edición tradicional.

