InicioBARRIOSJavi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado...

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • “Todo o mundo ten moitas gañas de contar, e ademais ten cousas interesantes”.
  • ”Despois a peña flipa, e me din que lle están chamando colegas que o viron en Internet.”
  • ”Cando estaba pechada a hostalería a cidade era outra moi distinta. E te decatabas o importante que é a nivel social e cultural”.

————

Despois de dous meses de confinamento total, aínda sumerxidos en plena pandemia, a saída ao exterior, coas horas contadas e cos horarios separados por idades, foi un verdadeiro fervedoiro de emocións. O que cada veciñ@ levaba vivido en todos aqueles días encerrados nas súas paredes é algo que necesitaba ser contado.

Esa foi a idea que atrapou a Javi Quiroga, que colleu a cámara, unha libreta e se lanzou a preguntar. A preguntar cousas que doen, que fan pensar a calquera persoas que andivera polas rúas. Desas respostas de xente anómia, e cunha boa dose de sensibilidade, lanzou nestes 2 anos xa máis de 600 testemuños nas redes. Post sinxelos, directos, crús.

Camareiro, orgulloso de selo tras 20 anos na hostalería, leva facendo fotos moitos anos pero sen publicar nada, porque en realidade nunca foi de redes sociais. Nestes anos son esas mesmas redes socias as que dan acubillo, e altofalante, a esas historias de vida mesma que recolle en “O Novo Normal” (Facebook “O Novo Normal: A Coruña” instagram @o.novo.normal.coruna).

  • Como foi? Como nace o Novo Normal? Como se che ocorre?

Acórdome perfectamente. Faltaban 3 oiu 4 días do inicio do desconfi, e foi case como un, “merda, non me patece pero hai que facelo”. Hai que baixar e hai que preguntarlle aos veciños como levachedes isto, que tal estades, que pensades que vai suceder…
En calquera caso, penso que as ideas nos caen enriba, e nós temos a capacidade de dicir: vouna perseguir, ou vou pasar. Pero non vexo que o mérito sexa a idea. Creo que era mazo evidente. É un momento historico, e se podía facer algo con certa carga, con emotividade e cun pouco de pouso, algo moi raro nas redes sociais, cunhas ferramentas moi sinxelas, unha libreta, boli, e un móbil ou unha cámara.

 

  • Pero ti xa escribías e facías foto, non?

Algo escribía, pero para min. E foto facía tamén algo, pero nunca publicara. Si é certo que hai un antecedente, outro proxecto, “Camiño de Santiago Pilgrims”, con este formato, en inglés, que funcionou moi ben. E xa tiña confianza na miña capacidade de saber que falar con alguén e sacar unha historia. Hai que ser moi lerdo para non sacar unha historia de calquera persoa, tocando 4 teclas.
Ademais, todo o mundo ten moitas gañas de contar, e ademais ten cousas interesantes.

 

  • Como escolles ás “vítimas”?

Foi cambiando. Ao principio eran só veciños do meu barrio, Monte Alto. O primeiro día achegueime ao mar, e foi tremendo, estaba petado. Tiñas moi pouco tempo, e vía a calquera, 4 preguntas, unha foto rápida e xa está. Logo empecei a moverme pola cidade, e pouco a pouco foi chegando mensaxes de xente que lles gustaría saír.

Agora é unha mestura. Eu achégome e lle digo que quero contar con el e logo quedamos; e tamén hai cousas máis fortuitas.

 

  • E como responde esa xente cando te achegas así en frío?

Sorprendentemente ben. A meirande parte di que si. E flipo. A min se me achega un pelado random, non sei que diría… Supoño que depende da enerxía que teñas, pero moi pouca xente di que non.

 

  • Mesmo en Porto, non?

Sorprendeume tamén que na viaxe que fixen a Porto a cousa funcionou moi ben. Alí refinei un pouco o discurso de entrada. Moito máis directo, explícolles un pouco e lles fago unha ou dúas preguntas. Cousas como “cal foi o día áis duro da túa vida. Cal foi o día que nunca olvidarás”. E a xente ponse a pensar. É fácil que levante algo nas persoas.
Ía coa idea de facer 3-4 testemuños e acabei facendo 13 o 14… en 3 días…

A verdade é algo que me molaría facer cada vez que saia por aí, aproveitalo para viaxar.

  • Ostrás, serve para coñecer a sociedade onde viaxas moi ben, non?

É outro xeito de interactuar coa sociedade real. Por exemplo, fumos a un club mítico de Porto, o Maos Hábitos, e o proxecto te abre portas para falar coa dj… é moi bonito.

 

  • Algunha historia, das máis de 600 que levas contado, que lembres especialmente?

Lembro post jodidos. Dos primeiros, de vir de dous meses que perdías o contacto da xente, e de repente atoparme con coñecidos, e pedirlle de paticipar, e de forma casual que che comentan que lle falecera o pai na primeira onda nos viaxes do Imserso… e quedarte guau.. isto vai en serio, non é unha coña.

Ao mesmo tempo había testemuños moito máis livianos, xente que estivo xogando á play, xente aproveitando para pasar tempo cos fillos… pero tamén o contraste de xente que perdera o curro… Un pouco de todo.

 

  • Que che aportou, sobre todo?

Eu sempre fun unha persoa cun problema de falta de tenacidade. Tiña ideas pero nunca as levaba a cabo. E este proxecto serviume moito para gañar capacidade de manter os esforzos no tempo.

Pero vaia, que para min o proxecto é un regalo que me fixo a vida.

 

  • Como evolucionará o proxecto?

Antes de pasar páxina da pandemia, os últimos testemuños xa eran un pouco máis con autoridades: a química das augas de Bens, un infectólogo que estivo dende a primeira garda no CHUAC; un dos condutores da liña 21; a alcaldesa; un condutor de ambulancia…
Con isto pechamos a COVID, por fin.

E para min houbo unha tempada para ver que facíamos. Eu levo o proxecto a través da intuición, el vaime dicindo por onde quere ir. E creo que vai por esas historias da xente, sen pretensións, nin nas fotos nin no texto. Pequenas historias.

E agora, por unha parte hai testemuños; fotos cotiás da cidade e vou subindo algún vídeo. Pos a cámara e non pasa nada, como o que fixen en San Amaro. Pero a min váleme moito. Durante moito tempo pelexaba moito coa cámara, sacaba fotos e chegaba a casa e non me gustaba ningunha. Pero agora sácoa e a disfruto. Fai que esteas máis presente no momento. Moitas veces pasamos pola vida e pasan cousas guais. É simplemtente a xente tomando o sol en San Amaro.

  • Monetizalo?

Non é a miña intención. Si que saen algunhas cousas a través del, e si que saíu algunha cousa que casa moi ben coa filosofía. Por exemplo vou a Berlinale tamén a sacarlle fotos a dous filmes galegos e en galego, que é tremendo!

Pero vaia, que dixen moitas veces que non a colaboracións pagadas. Teño o meu traballo, e quero protexer este proxecto, non quero jodelo, rollo “compra no teu super amigo”, e ter que facer entrevistas a clientes satisfeitos…

Pero monetizar a páxina, tería que ser algo con moito moito sentido. Igual que con Vinte, algo que xa podería facer de balde, porque xa me gusta o que fai,

 

  • Moitas horas no Café Universal, iso tamén axuda, non?

Si, levo 4 anos no Universal, un “epicentro” cultural da cidade. Fai que conflúa aí xente moi interesante, xente de todas as idades, todos os tipos. Axudoume moito o estar rodeado de xente creativa. Ter por exemplo a un tipo como Ismael Ramos facendo un evento é fantástico. E ter a María Yáñez que é unha fueradeserie absoluta, un tesouro tremendo a nivel galego.

 

  • Hostalería Coruñesa. En que sentido é o motor económico e de cambio constante da cidade?

Motor ecónomico é indudable, pero máis importante, e que se viu na pandemia e aínda non calou o suficiente, é a importancia social. Cando estaba pechada a hostalería a cidade era outra moi distinta. E te decatabas o importante que é a nivel social e cultural. Son punto de encontro, punto de socialización, punto de traballo… Eu mazo de testemuños fíxenos en bares, porque moitas veces tes que encaixar os post no medio da xornada laboral.

Ademais, agora o sector está algo menos precarizado. Xa hai xente con condicións legais. Fai 10 anos era tremendo, cos tópicos reais de “Sabes cando entras pero non cando saes” ou “traballas 50 horas e cotizas por 10”…

É unha profesión bonita, a pesar de todo.

 

  • Unha cousa é camareiro e outra empresario, non?

Ui… non o sei… non me vexo. O de ser empresario de hostalería non é unha panacea, é moi jodido. O máis fácil é que teñas que seguir traballando 40 horas, porque tes que estar aí, pero vas tamén cos proveedores, co baño que se estroupeo, coa alarma, coas facturas… non o sei… a min dame medo.

 

  • Como é a influencia de Inditex na hostalería?

Si que ves locais xa creados para ese público, creados para instagram, para sacar a foto e poñer o hastag e así… Un pouco terrible, porque non é a vida real. A vida real é un sitio como o Universal, con 30 anos, no que ves a Mari e a Luisa, dúas señoras de 70 anos que toman o café e xogan a partida, como ves dúas mozas bicándose, ou rapaces da Pablo Picasso co pelo pintado de cores.

Outras entrevistas da rede herculina

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here