InicioBARRIOSLabañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin de semana. A Prza da Tolerancia de Labañou acolle dúas citas singulares: o venres o festival Aquí tamén se fala e o sábado a Festa dos Porcos. En paralelo, as Festas Patronais de San Antonio e Santa Cristina encherán e alegría e colorido o barrio de Palavea.

Doble cita en Labañou

Festival Aqui tamen se fala 2026-Horarios

A festa arrinca esta mesma tarde de venres na Tolerancia co marabilloso festival de música Aquí tamén se fala. Esa iniciativa impulsada desde o IES Rafael Dieste que conta co apoio de máis de 300 centros de todo o país, que convirte ao alumnado nunha auténtica produtora musical.

A partir das 17.00 horas, a cita converterá A Coruña nun dos grandes epicentros da música en galego e das culturas atlánticas. O evento consolídase este ano como un festival de dimensión internacional grazas á incorporación ao cartel da artista portuguesa Carolina Deslandes, unha das voces máis relevantes da música lusa contemporánea e auténtico fenómeno social. A presenza de Deslandes marca un novo fito para un festival que, desde a súa creación, conseguiu situar a música e a lingua galegas nun espazo de prestixio, convivencia e celebración colectiva.
Xunto á artista portuguesa actuarán as bandas galegas Apolo 18, Kid Mount e De Ninghures, tres propostas que representan a diversidade.

festa-dos-porcos-Labanou 2026

Xa o sábado a praza da Tolerancia acollerá a Festa dos Porcos, da man da AVV Labañou, nunha xornada na que reinará o tradicional arroz con porco e que terá un amplo cartel musical aberto á veciñanza que inclúe grupos como Omiri, A banda da Balbina, Los Jinetes del Trópico, Adhara & Ritman e La Yaya DJ.

As Festas de Palavea

Cartel das Festas de Palavea feito pola artista María Alberte Murga
Cartel das Festas de Palavea feito pola artista María Alberte Murga

Así mesmo, Palavea celebra as festas de Santo Antonio e Santa Cristina a partir do sábado ás 13.00 h, momento no que comezará a sesión vermú co grupo Los Kibbis. Ás 16.00 horas será a actuación do Grupo de Musicoterapia de Palavea. Ás 17.00 h, a presentación dun libro de fotografía sobre o barrio, de José Carlos Alonso, no centro cívico. E, á mesma hora, a actuación de Kamándula. Ás 18.00 h, unha actividade de iniciación á esgrima coa entidade deportiva 100 Tolos. Á mesma hora, subirá ao escenario a Agrupación Musical Emilia Pardo Bazán. A partir das 20.00 h, tocarán xuntos os artistas Camino Karachi, Gitano Antón e Maxi Jeremies, seguidos por Los Platinos, ás 21.30 h. Pechará a primeira xornada DJ Takesound ás 00.00 h.

O programa do domingo comezará aínda máis cedo, ás 10.00 h, coa alborada a cargo da Asociación Cultural Folclórica Folerpas. Ás 12.00 h, será a misa na capela de Santo Eduardo e a tradicional procesión. Ás 14.00 h, sesión vermú con Yeisimusic, e despois de comer, ás 17.00 h, abrirá a Área Infantil de Xogos Variados para os nenos e nenas. Ás 18.00 h actuará A Trova Coruñesa, ás 20.00 h o Grupo 13B e, ás 21.00 h haberá unha queimada. O grupo Caramba chegará ás 21.30 h e, como colofón final, os ritmos de DJ
Marcos Magán, ás 00.00 h.

Máis novas

O Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

Palavea celebra “50 anos botando raíces”

 

ÚLTIMAS

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño...

A Coruña “énchese de pianos”

Chega hoxe, venres 12, á cidade a iniciativa “A túa cidade énchese de pianos”....

A Coruña: a cidade onde o diñeiro non dorme (porque xa non existe)

Que sorte temos os coruñeses. Mentres outras cidades perden o tempo xestionando orzamentos, mantendo...

“Veume a pegar, enfadeime e metinlla”, di o autor do apuñalamento mortal a Yoel Quispe

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe —os feitos ocorreron na madrugada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here