InicioA CORUÑAO Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

O Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non deixa de medrar a campaña #Aquítaménsefala, convertida xa nun referente europeo da dinamización cultural e lingüística desde a mocidade. O proxecto normalizador nado do seo do IES Rafael Dieste e que xa implica a 300 centros de ensino de todo o país, celebra o seu punto álxido o vindeiro venres 12 de xuño. Dende as 17:00h, a Praza da Tolerancia convertirase no epicentro da música galega coa celebración do seu Festival.

Un festival que nesta 3ª edición pega un salto internacional grazas á incorporación ao cartel da artista portuguesa Carolina Deslandes, unha das voces máis relevantes da música lusa contemporánea e auténtico fenómeno social cun millón de seguidores en Instagram nun país de pouco máis de dez millóns de habitantes.

A presenza de Deslandes marca un novo fito para un festival que, desde a súa creación, conseguiu situar a música e a lingua galegas nun espazo de prestixio, convivencia e celebración colectiva. Todo ademais convertindo un grupo de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato en organizadores de todo un festival. Esa é precisamente unha das A grandes singularidades deste proxecto, pois son os propios estudantes quen lideran boa parte das accións, asumindo tarefas de comunicación, produción audiovisual, organización cultural e dinamización social.

Cartel Festival Aqui tamen se Fala Coruna 2026

Xunto á artista portuguesa, o festival continúa afianzándose como escaparate para a cultura galega. Así actuarán as bandas galegas Apolo 18, Kid Mount e De Ninghures, tres propostas que representan a diversidade, a renovación e o momento de efervescencia creativa que vive actualmente a música galega.

Tras congregar arredor de 5000 persoas en cada unha das súas anteriores edicións, o “Festival Aquí tamén se fala” afronta este novo capítulo coa ambición de seguir medrando sen renunciar á súa esencia: demostrar que a mocidade pode liderar proxectos culturais de grande impacto e que a lingua galega ten capacidade para ocupar con naturalidade os escenarios, as rúas, as pantallas e os espazos de referencia do presente.

Así foron as dúas primeiras edicións

O #Aquítaménsefala segue revertendo o rumbo lingüístico da cidade

En Labañou tamén se fala galego

Outras novas

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

Os mestres do #Aquítaménsefala, o proxecto educativo do IES Rafael Dieste, finalistas do premio estatal “Docentes Referentes”

Antón Corral e a campaña #Aquítaménsefala recoñecidos con sendos Premios da Cultura Galega 2025

ÚLTIMAS

Estas son as posicións dos grupos políticos ante os acontecementos de onte

Despois da comparecencia do Delegado do Goberno Pedro Blanco sobre as manifestacións e os...

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Moverse na aula favorece a resposta do alumnado con TDAH

Esa é a conclusión á que ten chegado Carlos Iván Blanco Casal, profesor do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here