InicioA CORUÑAJorquera alisa o camiño para apoiar os Orzamentos Municipais de 2026 e...

Jorquera alisa o camiño para apoiar os Orzamentos Municipais de 2026 e a alcaldesa confía nun “bo acordo”

Publicada o

Por Redacción

Este xoves hai pleno en María Pita, no que seguramente se volverá falar da negociación para a aprobación dos orzamentos en 2026 entre PSOE e BNG.

Nese contexto, o voceiro do BNG Francisco Jorquera realizaba hoxe unha rolda de prensa na que destaca que “se está avanzando na boa dirección”, desde o momento en que “o Goberno Local parece disposto a asumir demandas relevantes formuladas polo Bloque como a recuperación dos orzamentos participativos e a devolución ao Pleno das competencias que se lle furtaron ao modificar as bases de execución orzamentaria nas contas de 2025”.

“Retomamos o diálogo para que a cidade conte cuns orzamentos progresistas”, sinalou, á súa vez, a rexedora, Inés Rey, para incidir no acordo sobre as ordenanzas fiscais “paso previo aos orzamentos”. “Seguro que haberá un bo acordo para un orzamento expansivo e progresista”, engadiu.

Conxelación de taxas

Jorquera lóubase da “conxelación das taxas, outra das propostas centrais do BNG no curso da negociación”, xa aceptada polo grupo goberno, e que se “demostra coas ordenanzas fiscais que se someterán a debate e votación para a súa aprobación inicial no Pleno de mañá”. Recoñece, iso si, que si que “hai unha taxa que vai subir, a número 18, a reguladora da prestación dos servizos domiciliarios (o coñecido como Servizo de Axuda no Fogar), derivado da normativa autonómica, responsabilidade da Xunta”.

Nese sentido, Jorquera explica que “se o Bloque defendeu a conxelación das taxas para 2026 non é por demagoxia fiscal, senón porque en 2024 xa se produciu unha actualización importante dos tributos e porque tendo en conta a situación económica de moitas familias, non era o momento de que se producise un novo incremento”, sinalou cargando contra a política fiscal do PP, a pesar de coincidir nesta premisa de cara a 2026.

O que fica por negociar

Así e todo, recoñece que “aínda fica moito por negociar para chegar a un acordo orzamentario”. A formación nacionalista demanda “un maior reforzo das políticas de vivenda -en todo aquilo que non sexa competencia autonómica-, ben como tamén outorgar unha prioridade real -e non propagandística- aos investimentos nos barrios, regularizar os servizos públicos que se prestan en precario (transporte público urbano, xestión e recollida do lixo, bibliotecas, instalacións deportivas…), prestar maior atención ás infraestruturas e entidades culturais e deportivas de base, asegurar o mantemento do espazo público, facer unha aposta decidida pola accesibilidade e mellorar o servizo de limpeza”.

Máis novas

A RPT e os autónomos chegarán ao pleno coruñés con mocións de BNG e PP

PSOE e BNG da Coruña inician a negociación do orzamento para 2026 cun acordo para un calendario de traballo

ÚLTIMAS

Os traballadores de Losán saen á rúa na Coruña e en Madrid para esixir salarios pendentes e un plan que salve o emprego

Traballadores e traballadoras de Industrias Losán concentráronse este xoves, ante a Delegación do Goberno...

Os traballadores do transporte rexeitan o preacordo do convenio e poñen de prazo ata o luns

Traballadores e traballadoras do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña acordaron,...

Levan á Valedora do Pobo o “retroceso histórico” que supón a supresión do subsidio de excarceración

O subsidio de excarceración foi creado en 1995 co obxectivo de facilitar a transición...

A RAG presentou na Coruña as ‘Rimas populares de Galicia’ de Manuel Murguía

A Casa Museo Casares Quiroga acolleu este mércores 4 de febreiro, a presentación do libro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here