InicioA CORUÑAUn Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección...

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta pasada mañá de xoves 20 de novembro houbo unha importante reunión do Padroado da Fundación Luís Seoane. O salón Azul do Pazo de María acollía a primeira xuntanza despois do polémico concurso que denunciaba o Xornal da Coruña e que acababa coa rectificación por parte da presidenta do Padroado e alcaldesa de Coruña.

Unha Inés Rey que aseguraba que o concurso da praza de director/a substituto/a ía ser revocado e se ía volver a convocar un concurso, sen ter en conta o propio Padroado, e sen poder estar na reunión celebrada onte.

Así, o Padroado daba conta da renuncia da persoa que foi escollida no errático concurso, e acordouse convocar un novo concurso, para que o antes posible levarase a cabo unha nova reunión do Padroado no que se presentarán unhas novas bases, nas que non trascendeu se van aceptar as consideracións da ADACE.

Un Padroado de mínimos

Resulta interesante ver que na foto do Padroado faltaron as 3 institucións máis importantes: representantes municipais (si que estiveron presentes responsables do PP e do BNG), da Xunta e da Real Academia Galega, que intentou estar presente pero non puido por problemas de axenda.

Non pasou desapercibida, dende logo, a ausencia da alcaldesa, que marchou a Nova Iorque a un evento internacional despois de anunciar “a convocatoria dun novo concurso cando o máximo órgano da Fundación aínda non se reunira e nin sequera ratificara a decisión adoptada pola Comisión de Valoración a favor da persoa que finalmente acabou renunciando”, segundo denunciou Queixas. “Foi unha falta de respecto ao Padroado”, sinalou Queixas.

”Tampouco é de recibo que a alcaldesa, presidenta do Padroado, non estivese presente na reunión de hoxe. A escusa da súa viaxe a Nova Iorque non se ten de pé: é evidente que se podía ter axendado a xuntanza para outro día, o que garantiría a súa presenza”, criticou o BNG, que lamenta non ter acceso ao expediente nin resposta as súas preguntas sobre o fundamento xurídico da anulación desta convocatoria, trámite previo á abertura dun novo concurso.

Máis novas do procedemento

ÚLTIMAS

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here