InicioBARRIOSAs familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos...

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Algo pasa cando familias de toda a comarca estean na rúa día si e día tamén contra o desleixo das administracións para cos seus centros de ensino. Estes días temos visto todas as familias dos 5 colexios de Oleiros unidas contra os recortes do profesorado, temos visto á comunidade escolar do CEIP Prácticas celebrar un ano de mobilizacións ante o deterioro rabioso das instalacións, e temos visto ás familias do colexio da Cidade Vella unirse ante o abandono das administracións.

A do sábado, foi unha manifestación multitudinaria. Moitas familias secundaban a convocatoria da ANPA do CEIP Cidade Vella, que partía do propio centro e acabana diante do concello (Praza de María Pita). As familias levaban pancartas de todo tipo, demandando unhas necesarias obras de reparación urxentes para garantir a seguridade e saúde dos nenos e nenas. “Queremos unha escola digna e segura” rezaba a pancarta principal, apoiada por outras pancartas e cánticos con “A Escola está morta, familias en loita” ou “Os nenos tamén somos cidadáns”.

Manifestación CEIP Cidade Vella 6

Manifestación CEIP Cidade Vella 6

Duras críticas ás administracións

“Hoxe chegamos ata aquí xuntas para poñer límites ás escusas que levamos aturando anos, mentres vemos como o centro das nosas fillas e fillos se degrada ante a pasividade de quen tería que coidalo. Este colexio cae e non imos deixar que con el caian tamén a dignidade e a seguridade das nosas nenas e nenos”, sinalan no manifesto lido en María Pita.

“Nos últimos anos pedíronnos paciencia, comprensión e tempo; o mesmo tempo que tivemos que empregar en arranxar e custear nós mesmas os arranxos máis urxentes do edificio. Medidas de urxencia non só para o seu mantemento inmediato, senón para frear o seu deterioro continuo. Coa paciencia esgotada e a comprensión limitada, esiximos o mínimo cumprimento das competencias asignadas a cada administración para construír entre todas un colexio seguro, digno, reparado e atendido. Sen pingueiras nas mesas, sen humidades nas aulas, sen fendas que percorren os muros e óxido que se acumula en reixas e estructuras”.

“Non estamos a pedir favores, nin moito menos luxos: estamos a esixir a garantía de cumprimento dos nosos dereitos e a aplicación das responsabilidades derivadas das súas
competencias.

Requirimos a aplicación dos acordos que xa están aprobados. Temos escoitado plans,
reformas, partidas orzamentarias, melloras urxentes… pero onde están? As familias
estamos cansas de titulares e frases para gañar tempo: “Estamos niso”, “Estamos
valorando”, “Está previsto” … Queremos planificación das melloras, obras e. transformacións reais. Queremos que se cumpra o asinado”, solicitaron con contudencia, deixando claro que piden acción a todas as administracións non teñen intereses partidistas. “Este colexio non é un debate, é un punto de unión”.

“Queremos compromisos firmes, solucións reais, investimentos e promesas realizadas. Que as institucións actúen agora, que as medidas se coordinen XA”, apuntaron invitando a continuar a loita.

Manifestación CEIP Cidade Vella

Máis novas

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

ÚLTIMAS

O Museo de Belas Artes e as entidades da cidade convirten a arte en elemento de inclusión

Presentouse esta mañá de venres no Museo de Belas Artes a exposición colectiva realizada...

A Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

A Rolda Peonil dos Barrios é un proxecto para cambiar a mobilidade da cidade,...

Mobilización do transporte de viaxeiros da Coruña con aviso dunha folga indefinida desde o 2 de febreiro

Traballadores de transportes de viaxeiros por estrada na provincia de Coruña realizaron unha nova...

A primeira poxa do Plan de Ruínas permítelle a 4 propietarios adquirir un edificio enteiro da Cidade Vella por 141.000€

141.321 euros acaban de pagar catro particulares representados por Jorge Vázquez Couto, para facerse...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here