Xornadas de inclusión integral as que xeran habitualmente dous dos colectivos sociais máis activos da cidade, como son a Fundación Érguete-Integración o CEE de Aspronaga. Xornadas nas que persoas que pasan o seu último tramo da condena no Centro de Inserción Social da Coruña, colaboran coas persoas con discapacidade do centro de Cidade Xardín, para
Xa teñen xuntado esforzos na limpeza de praias, ou instalando mobiliario urbano feito en Teixeiro nos coles da cidade. Desta volta trátase de Tecer Redes, literalmente, noutro dos proxectos da entidade social no marco do programa Xeitos Ver, que conta co apoio do Concello da Coruña.
Unhas redes, feitas con residuos cedidos pola Autoridad Portuaria de A Coruña, que foron recicladas por un grupo de persoas que cumplen condea no C.I.S de A Coruña, e que se convirten nas novas redes das porterías do Centro de Educación Especial.
As persoas participantes na iniciativa levan meses achegándose ao oficio das redes de pesca, a través da Asociación Ilha da Estrella, e coa redeira Rosa Rodríguez como peza singular do proxecto, como exemplo de empoderamento, e transformación de mulleres que dentro dun sector moi masculinizado foron capaces de levar a cabo unha proposta de economía circular.

A través da aprendizaxe desta profesión secular, non só se mostra ao grupo unha nova realidade social que lles axude na súa transformación persoal, senon que adquiren ferramentas para levar a cabo creacións que servan como elementos divulgativos de valores en igualdade e que revertan na propia comunidade. Así o grupo decidiu crear canastas e porterías que lles podan servir aos centros educativos da zona, aos que se trasladan para repoñelas, sendo unha acción que vai moito máis aló do mantemento, senon que se achega valores como a reciclaxe, a inclusión e a igualdade.



