InicioA CORUÑAJuan Carlos Agilda, candidato ao Premio Promesas de Alta Cociña: “O CIFP...

Juan Carlos Agilda, candidato ao Premio Promesas de Alta Cociña: “O CIFP Paseo das Pontes ten un pensamento colectivo que impulsa a facer cousas”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Incrible o do CIFP Paseo das Ponte. O ano pasado era María Verdes a que se alzaba gañadora do Premio Promesas de Alta Cociña. Pero é que en 2024 foi Jacobo Diz, ambos alumnos do centro de formación herculino. Esa inercia fai que todas as miradas estean xa situadas en Juan Carlos Agilda, que vén de ser seleccionado entre os 50 aprendices de todo o estado para o Premio Promesas Cordon Bleu 2026.

Un galardón, dirixido a mozos menores de 25 anos que estean a cursar o último ano dos seus estudos de cociña en centros de formación de cociña españois, que ofrece dúas bolsas de estudos valorada en máis de 24.000 € e 9.000 €, respectivamente nun dos centros máis prestixios de España.

Juan Carlos Agilda Santo (Paiosaco, A Laracha, 2004), será o representante provincial nesta edición do concurso, e pelexará por colarse entre os 10 finalistas. Tocaralle inventar unha receita singular, e preparar un vídeo que estea entre os mellor valorados tanto polo público como polo esixente xurado.

Algilda leva xa 6 anos estudando cociña, a través da rama de FP de Hostalería e Turismo pola que apostou tras saír da ESO. Recoñece que non era moi bo estudante, e cando tivo que decidir que facer, lembrou aqueles veráns da súa infancia en Xaviña, Camariñas, cando o seu pai rexentaba a casa de comidas, “O Roxo”. “Como daquela me gustaba, e teño grandes recordos, pensei que me podería gustar a cociña”, apunta.

Xa leva un par de días atendendo á prensa, e polo de agora si que lle agrada. “É unha experiencia que recomendo vivir a todo o mundo. Téñoo vivido de preto cos compañeiros que gañaron estes anos, tanto María como Jacobo, que coñezo moi ben, e agora teño a sorte de vivilo en primeira persoa, e vou intentar aproveitala ao máximo”.

Por agora non se decanta entre cociña, pastelería ou panadaría, pero o que lle gustaría é seguir formándose. Sobre o futuro, recoñece que “é bastante incerto”, pero si que se ve “currando en algún sitio que me guste, e facendo boa cociña”. Iso si, “irse a Madrid con esta beca é unha oportunidade moi boa, moi difícil de conseguir”, polo que pelexará ata o final.

A maxia do CIFP

Con todo, apurámoslle as chaves do éxito deste centro referencia, que tanto éxito está a acadar a nivel estatal. “Ten un gran profesorado e unha gran directiva; ten unhas instalacións que xa quixeran moitas escolas, tanto de panadería con ese curso que é un maser de especialización que é tremendo, e ademais hai un pensamento colectivo de querer facer cousas, e iso impulsa bastante, invita a competir ao máximo”, sentencia.

Máis novas

Jacobo Diz leva o Premio Promesas da Alta Cociña

A Coruña faise un oco nos premios de Alta Cociña de Madrid

 

ÚLTIMAS

A Alexandre Bóveda rescata a “outra cara” de Manuel María este mércores no Colón

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ultima os preparativos para a 28ª edición do Memorial Ibán...

Trasladadas dúas persoas tras un dobre accidente na AP-9 no Burgo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia tras un dobre...

Inés Rey defende que a suba do alugueiro se “contén” na Coruña tras seis meses como zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a existencia dunha "contención" do prezo do...

O BNG preguntará no pleno as razóns da “inexplicable” anulación da viaxe cultural do Fórum e Ágora

Denunciabamos a semana pasada a preocupación dos usuarios da viaxe cultural internacional de fin...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here