InicioPOLÍTICAFeijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026...

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

Publicada o

Por europapress

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11 de xaneiro na Coruña a XVIII Unión Interparlamentaria do partido, un cume que reunirá deputados, senadores e eurodeputados para definir a estratexia ante o novo período de sesións de 2026. O obxectivo principal será intensificar a presión sobre o Goberno de Pedro Sánchez polos casos de presunta corrupción e activar a organización interna de cara ás próximas citas electorais.

A dirección popular sitúa este encontro no inicio dun novo ciclo electoral que arrinca coas eleccións estremeñas deste decembro e continuará en 2026 cos comicios en Castela e León e Andalucía. O PP non descarta, ademais, unha posible convocatoria anticipada en Aragón se o Executivo autonómico non logra aprobar os orzamentos. Desde ‘Xénova’ sosteñen tamén que Sánchez, sen apoios suficientes nin Orzamentos Xerais do Estado, tería difícil esgotar a lexislatura.

A secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, e o secretario xeral nacional, Miguel Tellado, anunciaron este venres o encontro, no que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exercerá de anfitrión. O cume servirá igualmente para lembrar a maioría absoluta obtida polo PPdeG en 2024 e para coordinar iniciativas lexislativas cos Parlamentos autonómicos ao longo de 2026.

Esta Interparlamentaria chega despois da celebrada en Sevilla en marzo de 2025, previa ao terceiro aniversario do congreso que levou a Feijóo á presidencia do partido. Antes diso, o PP xa reunira aos seus cargos electos en Galicia, na Interparlamentaria de Ourense en xaneiro de 2024, en plena precampaña das eleccións autonómicas.

ÚLTIMAS

Desconvocada a folga da pesca de baixura tralos acordos acadados en Madrid

Despois das manifestacións vividas na Coruña e en Corcubión, o sector da pesca artesanal da provincia da...

O sector do taxi da Coruña rexeita a consulta pública sobre a nova ordenanza e esixe o control das VTC

Taxistas convocantes nos últimos meses de protestas na Coruña contra as VTC, para esixir...

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

Fixo entrega hoxe o Concello da Coruña dos premios do XXI Concurso de Tapas...