InicioDEPORTESO persoal da Escolas Deportivas denuncia a falta de atención do goberno...

O persoal da Escolas Deportivas denuncia a falta de atención do goberno e o impago das nóminas da concesionaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Agrávase a situación dos traballadoras e traballadoras das Escolas Deportivas Municipais. Levan dende outubro realizando mobilizacións para denunciar a crítica situación laboral que sofren, pero á falta de atención do goberno municipal, únense agora os impagos por parte da empresa concesionaria, Serviplus, que a 11 de decembro non abonou aínda as nóminas do mes.

O persoal das EDM, apoiado por numerosas persoas usuarias, concentrouse de novo en María Pita, nunha sesión menos lúdica que a clase de zuma improvisada de hai 15 días, para esixir unhas condicións laborais dignas e que o Concello cumpra o compromiso de incorporar melloras no seguinte de prego.

A protesta coincidiu coa celebración da sesión plenaria e aproveitouse a entrada do concelleiro de Deportes no Pazo de María Pita para reclamarlle que actúe para garantir o cobro inmediato dos soldos e ao tempo demandarlle axilidade na elaboración dos novos pregos co compromiso de incluír melloras salariais e das condicións de traballo.

Unha melloras para dignificar as retribucións e que sexan acordes á formación e responsabilidade que se lles exixe, para rematar coas discriminacións que se dan entre persoal que realiza as mesmas funcións e para reducir a elevada parcialidade nos contratos. Mais a táboa reivindicativa contempla tamén demandas sobre o estado, mantemento e materiais das instalacións deportivas para pode ofrecer un servizo de calidade ás persoas usuarias.

Un dos delegados de persoal, Roberto de Dios, lembrou que levan máis de dous anos e medio tentando negociar co Concello da Coruña a incorporación das súas demandas nos novos pregos, que deberían estar xa licitados tendo en conta que a actual concesión rematou a prórroga o pasado 15 de novembro, “pero lonxe mellorar e avanzar nos dereitos, imos a peor”, denunciou.

Indicou que durante o verán xa se produciron atrasos no ingreso das nóminas e das pagas extraordinarias “e agora estamos sen cobrar a nómina de novembro. Sentímonos no medio dun xogo entre dúas partes, empresa e Concello”, lamentou. Criticou que por parte do Goberno local non queiran “sentar con nós nin negociar nada”, polo que valorou que as accións de protesta continuarán nas próximas semanas.

Máis novas do conflito

Unha clase de zumba en María Pita para deixar claras as demandas do persoal das Escolas Deportivas Municipais

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

O persoal das Escolas Deportivas continúa coas protestas tras a “decepcionante” a xuntanza co Concello

ÚLTIMAS

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño...

A UDC convoca bolsas de 2.000 euros para integrar alumnado de máster en proxectos científicos

A Universidade da Coruña (UDC) activa novos mecanismos para impulsar a canteira científica do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here