InicioOLEIROSA mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación...

A mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación pedagóxica

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa quedou o ano pasado segunda mellor mestra de Secundaria de toda España nos Premios Educa Abanca. Este ano está xa entre as 10 finalistas a este premio, pero mentres, a de Santa Marta de Babío (Bergondo) e residente en Oleiros vai colleitando outros recoñecementos.

Fina Paulos é mestra do IES Maximino Romero de Lema de Baio, e xunto co seu compañeiro, o costeiro Óscar Rey Calo, veñen de ser recoñecidos co primeiro premio na categoría 3 — Modalidade B (Recurso Educativo Aberto elaborado por dous docentes) nos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do Alumnado 2025.

Este galardón pon en valor a traxectoria de ámbolos dous docentes no ámbito da innovación educativa e da investigación aplicada á práctica docente, cunha clara orientación cara á atención á diversidade, a inclusión e o compromiso social, así como o uso consciente, crítico e transformador das tecnoloxías dixitais no ensino.

O proxecto premiado consiste na creación dun Recurso Educativo Aberto (REA) a partires dunha experiencia didáctica, de entre as moitas que estes profesores levaron a cabo nas súas aulas o curso académico 2024-25. Nesta ocasión, o valor diferencial do traballo non reside unicamente no proxecto orixinal, senón no proceso de análise, adaptación e sistematización pedagóxica desenvolvido para converter a experiencia nun recurso aberto, reutilizable e replicable en calquera centro educativo do Estado, independentemente do seu contexto.

”Este premio supón tamén unha clara aposta por unha educación dixital con responsabilidade social, que fomenta a transferencia de coñecemento entre o profesorado, o traballo colaborativo e a construción dunha escola pública máis xusta, inclusiva e innovadora”, explica Paulos. “Agradecemos a colaboración de todas as persoas e entidades implicadas neste proceso, que pon en valor a educación galega, pública e rural como espazo de innovación, investigación e excelencia pedagóxica”.

Porque non todo son malas novas no ensino público galego…

Máis novas

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

A mestra oleirense Fina Paulos lanza un novo libro sobre o uso nas aulas da Intelixencia Artificial

ÚLTIMAS

O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade

Continúa sendo a vivenda o principal problema da cidade. E mentres as administracións poñen...

Oleiros instala un autobús destartalado en Santa Cristina para denunciar a negativa da Xunta a crear unha liña coa Universidade

Son eternos os problemas entre o Concello de Oleiros e a Xunta de Galicia...

Promoven na Coruña unha campaña de condutas civícas na celebración do San Xoán

Entidades veciñais e do lecer nocturno, en colaboración co consistorio coruñés, promoven a campaña...

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here