InicioSOCIEDADEAsí foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas "por unha...

Así foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas “por unha escola segura e digna”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Espectacular manifestación a que protagonizaron as familias da ANPA do CEIP de Prácticas da Coruña esta mañá de venres 19 de decembro. Un novo venres de loita “por unha escola segura e digna”, que xuntou ducias de familias ás 8:30h, enchendo de arengas o treito entre a Praza da Tolerancia e Paseo de Ronda, pasando pola Avenida Gran Canaria, a rúa Almirante Lángara, e Manuel Murguía.

A comunidade educativa volveu saír á rúa unha vez que seguen sen ter resposta ao “proxecto de reforma integral do centro” prometido pola Consellería de Educación. E mentres as administracións se pasan a pelota de tellado en tellado, o centro continúa agravando os seus importantes problemas de humidade que afectan á saúde do alumnado, cun estado deficiente das ventás, pingueiras, danos en mobiliario, e unha fachada e interior coa pintura desgastada. Ademais, e tal e como se advertira, as inspeccións pertinentes confirmaron que a instalación eléctrica precisa dunha reforma a fondo ao non cumprir cos requisitos de seguridade. Problemas todos que xa foran denunciados desde hai anos polas canles oficiais e privadas.

Manifestacion do CEIP Practicas

Manifestacion do CEIP Practicas Coruna
A manifestación rematou na rotonda do Paseo de Ronda

Lembra a ANPA que dende novembro de 2024 a Consellería de Educación, soamente realizou unha serie de obras menores coma a substitución do beiril da entrada ou do enreixado da parte baixa das ventás. A día de hoxe nada se sabe do proxecto de reforma do centro, aprobado polas administracións en xaneiro de 2025.

“Xa abonda”, sinalan con rotundide. “O desleixo ao que nos teñen sometido as administracións nos últimos tempos e a progresiva e constante deterioración das instalacións —co evidente perigo e risco para os máis de 200 alumnos e alumnas e persoal traballador— obrigan a unha resposta máis áxil, decidida e firme ante unha situación insostible. Con compromisos e prazos claros”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis novas sobre o ensino público

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

As ANPAS dos colexios de Oleiros levaron o seu manifesto ao pleno

Outras novas das ANPAS

 

ÚLTIMAS

Suspendida provisionalmente a folga no transporte de viaxeiros por estrada na Coruña tras alcanzar un preacordo que non asinará a CIG

A folga indefinida prevista desde este martes, día 3, no transporte de viaxeiros por...

O Sergas confirma un brote de vexigas do mono con sete casos na provincia da Coruña sen orixe clara

A Consellería de Sanidade confirmou un brote de vexigas do mono con sete casos...

Un ferido nun accidente múltiple na AP-9 en Palavea

Unha persoa resultou ferida, de carácter leve, nun accidente con tres vehículos implicados na...

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

Este mércores están convocados polo IMCE a unha reunión informativa, pero a realidade é...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here