InicioA CORUÑARenova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Publicada o

Por editor

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional. O Foro Cívico Galego en Barcelona (FCGB), a piques de facer 25 o seu aniversario, acaba de tirar do prelo o número triplo 5-6-7 de Renova Galiza. Trátase dunha revista de 366 páxinas no que colaboran un total de 80 articulistas e entrevistados, residentes en Galicia, en Cataluña e en diversos países de Europa e América e no que hai interesantes análises sobre política, lingua, cultura, comunicación, economía, historia ou sobre o fenómeno da diáspora galega.

O contido da publicación multiautorial está estruturado en dous dossieres; “Alerta! 869.000 diaspóricos/as” (coordinado polo xornalista Antón F. Escuredo), con artigos e entrevistas de 43 colaboradores e “Progrés i Procés. Envers una Catalunya sobirana del benestar” (coordinado por Silvio Falcón e Uxío Meis), con artigos e entrevistas de 22 colaboradores. Este boletín tamén conta cun caderno conmemorativo interior titulado “25 aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, só un cuarto de século” (coordinado por Madalena Blanco Brasa) e con artigos de 12 colaboradores.

“PONTE COMUNICATIVA”

A revista Renova Galiza, creada en Barcelona no ano 2005 rende homenaxe nominal á súa homónima Nova Galiza, dirixida por Castelao, Rafael Dieste e Carmen Muñoz en Barcelona entre 1937-1938. Con eco nominal tamén de Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938). Así o destacou durante a presentación deste triplo número o director do FCGB, Camilo F. Valdehorras. “Vinculeira de ambas, ten como albo informar a cidadanía da Galiza exterior e da interior acerca das angueiras sociopolíticas e culturais dos nosos días que vencellan a ambas, así como servir de ponte comunicativa das angueiras políticas, lingüísticas e culturais da nación e da sociedade catalá coa que, como galegos e galegas residentes en Catalunya, partillamos historia, vida e aspiracións ao desenvolvemento persoal e colectivo autocentrado nos seus xenuinos intereses”, suliñou na presentación que tivo lugar este sábado na sede Alexandre Bóveda da Coruña.

Durante a presentación na Coruña, ademais do filólogo da UB e director da revista, Camilo F. Valdehorras, estiveron os coordinadores dos dossieres galego e catalán; Antón F. Escuredo e Uxío Meis, e os colaboradores Isidro Dubert, historiador e catedrático da USC; Keina Espiñeira, politóloga e profesora da UdC; Xurxo Souto, filólogo, escritor e artista e Xurxo Salgado, xornalista, director de Galicia Confidencial e profesor na USC.r

Este número especial está publicado en galego e en catalán e proxéctase moi especialmente cara o amplo e diverso leitorado esparexido pola “Galiza diaspórica” (en especial de Europa e América), onde se distribúe primordialmente en asociacións, centros galegos e leitorados de estudos universitarios e bibliotecas públicas.

ÚLTIMAS

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª División”

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no...

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here