InicioBARRIOSAprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Vai collendo forma o ”delirio urbanístico” de Visma. Ese espazo que ben puido ser destinado a un parque público para o barrio da Agra do Orzán e Labañou, pero que acaba acollendo 3.600 vivendas un 25% de protección oficial), en forma de 28 edificios, algúns de 20 alturas.

Mentres avanzan as obras de urbanización das rúas, a Xunta de Goberno vén de dar a primeira licenza de construción para un edificio de 114 viviendas con terraza, un proxecto presentado por Visma Homes, do Grupo Arial, que prevé un investimento de 16,5 millóns na parcela Z4-R12LB, que conta cunha superficie de 3.100 metros cadrados no polígono.

Serán pisos a partir de 347.000€, nunha urbanización que contará con prazas de garaxe, rochos, oficinas e zonas comúns, segundo o plantexamento achegado pola promotora, que disporá de 6 meses de prazo para iniciar os traballos e dun total de 36 para completalos.

Proxecto das 3600 vivendas de Visma-Coruna edificio Proxecto das 3600 vivendas de Visma-Coruna edificio

Máis novas

A Arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, espera os edificios da macrourbanización de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

 

ÚLTIMAS

(Vídeo) Un gran incendio en Visma cobre de negro o ceo de Arteixo

A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here