InicioBARRIOSO BNG pregunta por outros 7 inmobles afectados polo Plan de Ruínas

O BNG pregunta por outros 7 inmobles afectados polo Plan de Ruínas

Publicada o

Por Redacción

Esta pasada semana celebrábase a primeira poxa pública dun edificio afectado polo chamado Plan de Recuperación de Ruínas. Un plan de rehabilitación, anunciado en 2023, que permite que o Concello saque a poxa un inmoble cando a propiedade non actúe sobre el, obrigando ademais á nova propiedade a actuar con rapidez.

O Plan deixa varias cuestións ao grupo do BNG. A concelleira AviaVeira quere saber en que fase do plan se atopan os distintos inmóbeis afectados, a comezar polo da rúa Damas. “Resolvéronse as cargas pendentes coa Axencia Tributaria?” “Xa tivo lugar a venda forzosa?”, inquire.

Igualmente quere saber o estado doutros inmobles, como o do soar baleiro da rúa Herrador ou os do números 72, 130 e 202 da rúa Orzán, 4 da rúa Pastoriza, 140 da Rúa Santo André e 8 da rúa Santa Lucía.
A maiores destes inmóbeis -que son os que en principio están afectados polo plan de recuperación de ruínas- Veira pregúntalle ao Goberno Local se ten detectado algún outro edificio susceptíbel de ser incorporado a este programa.

Máis novas

A primeira poxa do Plan de Ruínas permítelle a 4 propietarios adquirir un edificio enteiro da Cidade Vella por 141.000€

ÚLTIMAS

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento...

Inés Rey destaca a eficacia da declaración de mercado tensionado: “Os resultados están aí”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de...

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here