InicioA CORUÑAUnha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

Unha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

Publicada o

Por editor

A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o luns a uns 50 estudantes do IES Plurilingüe Elviña, na Coruña, pode ter a súa orixe en salmonelosis por inxesta de tortilla. Segundo explican, as análise realizadas amosan seis resultados positivos nesta bacteria, polo que a sospeita é “clara”.

Informan tamén de que un dos mozos está ingresado por salmonelose. Do resto, ningún necesitou hospitalización. Foron atendidos en puntos PAC e consultas telefónicas con síntomas como vómitos, diarrea e febre. A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso este luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro — que non ten comedor –. A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permanece pechada polo momento.

Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, referíase ao caso en declaracións ante os medios e apuntaba xa que a intoxicación se debía a algún produto en mal estado.

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here