InicioA CORUÑAMeu volve pasalo ben

Meu volve pasalo ben

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Grandes novas neste 2026 para a escea musical coruñesa. Volve Meu (@meutheband. Aquela banda formada en 2004 por membros de Deluxe, Elephant Band, Ultracuerpos e Triceratops, reúnese 14 anos despois do seu último concerto e case 20 anos despois do seus primeiros dous discos (What’s Up? (Rock On, 2005) and Did you Hear? (Rock On, 2007).

Os Nacho Mora, Ricardo Saavedra , Mikelini Martínez, Alberto Dopico e Alexandro González lanzan agora o seu terceiro álbum, “Thak you for holding”, cuio vinilo está recén recén chegado á cidade.

“Meu mola e o demais é curro”

“Na primeira época tiñamos un dito que dicía aquelo “Meu mola e o demais é curro”, e de repente converteuse nun curro máis. Agora dende que nos volvemos a xuntar no verán de 2024, volveu esa motivación”, explica o vocalista Nacho, que percorre o eixo Atlántico para os ensaios, xa que vive en Pontevedra dende hai 20 anos.

Os primeiros singles

Hai dúas semanas lanzaba o primeiro sinxelo, un fresquísimo ”Having fun”, que ben podería estar feito nos primeiros 2000 en Manchester.

Esta semana parararon debaixo de Lavedra para presentar o segundo single, ”No what”, en clave máis electrónica e bailable.

Podes comprar xa o teu vinilo en chesapik.

Outras novas

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

Sabela adica o seu novo traballo a Maruja Mallo

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña pecha parques e xardíns e mantén a costa precintada polo temporal en alerta vermella

O Concello da Coruña decidiu pechar parques e xardíns municipais e manter precintada toda...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e...

Unha colisión entre un camión e un turismo deixa unha persoa ferida en Arteixo

Un accidente de tráfico rexistrado a primeira hora da mañá deste venres na parroquia...

Detido na Coruña un dos pederastas “máis buscados” que atacou a un axente cun coitelo

A Policía Nacional detivo na Coruña a Daniel V. P., un pederasta incluído na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here