InicioCULLEREDOO proxecto de restauración da Torre de Celas segue adiante

O proxecto de restauración da Torre de Celas segue adiante

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Concello de Culleredo anuncia que a execución do proxecto de restauración da Torre de Celas vai adiante. Faino despois das declaracións do BNG, nas que dubidada da concesión das axudas da Deputación. Porén o goberno local asegura que xa se concretou coa Deputación a emenda do trámite de solicitude, dado que por “incidencias informáticas” varios Concellos, como Culleredo, non puideron formalizar a petición no período inicial.

Con todo, o Concello lembra que esta convocatoria funciona por concorrencia competitiva, polo que non está asegurado que Culleredo vaia ser un dos beneficiarios nin que a contía concedida vaia ser suficiente para completar a obra. En calquera caso, o Concello garante que a actuación se vai levar a cabo “si ou si” coa achega dos fondos municipais que sexan precisos.

O proxecto

recreacion proxecto Torre de Celas_2
Recreación do proxecto

A Torre de Celas foi rehabilitada en 1992 por unha escola obradoiro promovida polo Concello. O paso dos anos foi deteriorando o seu interior, coa aparición de humidades e filtracións de auga.

O proxecto, de 160.000 euros, contempla o arranxo dos puntos de filtración tanto nos lucernarios como na recollida de pluviais da cuberta. Así mesmo, substituiranse e repararán os elementos danados no interior do monumento, como a estrutura de viguetas de madeira, a estrutura metálica, as escaleiras e a iluminación. Por último, limparase e eliminarase a vexetación da fachada.

A rehabilitación tamén abarca o parque que rodea o monumento, coa execución de camiños en xabre e a mellora de iluminación, mobiliario urbano e axardinamento.

A Torre de Celas formaba parte dunha fortaleza defensiva aos pés do monte Xalo. Antigamente vixiaba a ruta que unía A Coruña e Santiago. Ten unha planta de 8×8 metros, foi construída en granito e xa aparecía en documentos do ano 1395.

Máis novas

As familias de Celas critican a falta de concreción da súa senda peonil

A Torre de Celas, en Culleredo, agarda pola súa rehabilitación

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here