InicioA CORUÑAO Pleno aproba a nova ordenanza de terrazas e o Programa Municipal...

O Pleno aproba a nova ordenanza de terrazas e o Programa Municipal de Xestión de Residuos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Unha lamentable escalada de tensión entre PP e PSOE provocou que a alcaldesa suspendese o pleno ata ás 17:00h.

— — —

Ademais do crú asunto do Programa de Lecer (con varias preguntas e unha concentración ás portas do Pazo de María Pita), o pleno deste xoves 12 de febreiro tivo un par de mocións relevantes.

Ordenanza de terrazas

O pleno aprobou, cos votos favorables de PSOE e BNG, que continúan amosando unha complicidade total, Pleno a Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas en Espazos de Dominio Público ou de Uso Público. Esta nova normativa establece un marco regulador actualizado baixo o que os establecementos de hostalería deberán rexer a súa actividade en exteriores, definindo as obrigas e aportando seguridade xurídica ao sector, ademais de contribuír a garantir o tránsito peonil e á mellora estética do espazo público da cidade.

O documento inclúe medidas de protección especial para as terrazas localizadas en puntos de especial protección urbanística, como as da zona PEPRI e as lugares de interese cultural e histórico, asegurando así a implantación de estándares estéticos e técnicos que manteñan a identidade arquitectónica da cidade.

Entre as novidades máis salientables destaca a tramitación conxunta da licenza para instalar a terraza na vía pública e a autorización para ocupar o dominio público ou espazo de uso público, resolvéndose agora de maneira conxunta ámbolos dous trámites baixo a denominación de “licenza de terraza”, en aras dunha maior axilidade e de facilitar os trámites ao sector hostaleiro.

Clasifícanse tamén as terrazas atendendo a se se atopan nalgún dos Plans zonais establecidos no marco do Plan de xestión do ruído e de acordo coa normativa de protección contra a contaminación acústica, contemplando un horario máis reducido para aquelas terrazas situadas nunha zona definida como acusticamente saturada (ZAS) ou zonas de protección acústica especial (ZPAE) ou de especial protección (ZEP).

Ademais, establécese a constitución dunha Mesa de Terrazas conformada por integrantes dos diferentes grupos políticos e a incorporación da figura das terrazas en zonas de estacionamento como unha modalidade de terraza con cerramento estable —e que só se poderán establecer en rúas dun máximo de dous carrís, cun límite de velocidade de ata 30 km/h e cun ancho de beirarrúa de menos de 2,5 metros—.

Entre as novas obrigas das persoas titulares das licencias estará a de expoñer nun lugar visible a licenza e o plano autorizado da terraza a través dun código QR facilitado polo Concello. Así mesmo, as terrazas en prazas de estacionamentos deberán ter unha separación mínima de 5 metros con pasos peonís e interseccións.
O ordenanza establece tamén un réxime sancionador que permita actuar cando os locais de hostalería incumpran a normativa. As sancións poden oscilar entre os 1.000 e os 10.000 euros. O texto normativo estará agora a exposición pública durante un mes antes de volver ao Pleno para a súa aprobación definitiva.

Programa Municipal de Xestión de Residuos

Outra das propostas aprobadas polo Pleno foi o Programa Municipal de Xestión de Residuos para o período 2025-2030, que aglutina as liñas de acción para cumprimento dos
obxectivos autonómicos, estatais e comunitarios en materia de tratamento de residuos municipais. O plan detalla as accións que se levarán a cabo na cidade nos próximos anos para conseguir a diminución dos residuos totais xerados —tanto pola cidadanía como polo sector privado—, e avanza cara á economía circular e o aproveitamento de residuos reutilizables, e cara a unha maior concienciación da poboación a través de campañas públicas e a mellora dos servizos municipais de recollida e xestión de residuos.

O documento consta de cinco liñas estratéxicas que cómpre seguir: reducir a xeración de residuos municipais, atender ao cumprimento dos obxectivos normativos coa potenciación das recollidas separadas e posta en marcha de accións de preparación para a reutilización, mellorar a calidade da recollida separada, aumentar o coñecemento e a transparencia da xestión e corresponsabilidade do produtor e minimizar os residuos xestionados mediante vertido, explicou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.

“É un plan ambicioso pero realista, con obxectivos claros aliñados coa normativa europea, autonómica e estatal e no que ten que haber unha implicación de todos, dos grandes produtores, das empresas e sobre todo da cidadanía, porque en definitiva servirá para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de agora e do futuro”, subliñou Neira.

O investimento total do plan cífrase inicialmente en 186.775.000 euros, aínda que coa previsión de revisar a dotación anualmente cara a posibles modificacións orzamentarias. Este gasto equivale, aproximadamente, a 126 euros por habitante e ano.

Consello Local da Infancia e da Adolescencia

Na sesión deuse luz verde ao Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC), un órgano consultivo que ten como obxectivo promover a
participación da mocidade nas cuestións da política local que lles afectan directamente.

Máis novas

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

ÚLTIMAS

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

Preto de 200 persoas arrouparon os docentes dos cursos culturais do Programa de Lecer...

A borrasca Nils deixa numerosas incidencias na Coruña: desprendementos e a Terceira Rolda afectada

O 112 Galicia rexistrou desde este mércores un total de 794 incidencias relacionadas coa...

O aluguer na Coruña baixou un 10% coa declaración de Zona Tensionada, segundo o concello

O goberno local da Coruña destacou "a baixada do 10%" do prezo medio do...

Cortada a Terceira Ronda tras afectar o forte vento á estabilidade dun sinal

O Concello da Coruña cortou, este mércores pasadas as 17:00h, a Terceira Ronda por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here