InicioA CORUÑAPresentan as 11 novas vivendas de alugueiro asequible no solar de Defensa...

Presentan as 11 novas vivendas de alugueiro asequible no solar de Defensa en Adelaida Muro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Visita institucional esta mañá ao antigo solar do Ministerio de Vivenda na rúa Adelaida Muro, en Monte Alto, onde a entidade estatal Casa 47 vai poñer en marcha a construción de 11 novas vivendas públicas de alugueiro asequible.

O Delegado do Goberno en Galicia aproveitou a ocasión para destacar “o papel protagonista do goberno estatal na ampliació do parque público de vivenda en Galicia”. Acompañado da alcaldesa Inés Rey, o subdelegado do goberno Pedro Blanco e o concelleiro de Urbanismo Fran Díaz, Blanco subliñou que “a vivenda é hoxe a primeira preocupación social e para este goberno é unha prioridade política”. “Ten que trarse como un dereito, non como un negocio, e os dereitos deféndense desde o público”, afirmou.

11 VIVENDAS PÚBLICAS

Vviendas Adelaida Muro 2
En relación co proxecto presentado, o delegado explicou que se trata dunha promoción de 11 11 novas vivendas públicas de alugueiro asequible, que se construirán nunha parcela de 371 m² do número 24 da rúa Adelaida Muro. O edificio terá catro andares, con vivendas exteriores de entre 1 e 3 dormitorios con garaxe e trasteiro.

As vivendas serán permanemente públicas e os contratos de alugueiro poderán alcanzar ata 75 anos de duración cun prezo que non pode superar o 30% da renda media do fogar de cada territorio, vinculando así os prezos á capacidade económica da cidadanía e non ao que marca o mercado.

“O modelo CASA 47 non busca construir vivendas, senón crear un parque público estable e permanente que garanta o dereito á vivenda”, afirmou o delegado, quen avanzou que o proxecto estará redactado este verán e que a intención é licitar as obras a continuación para tratar de iniciar a construción este mesmo ano.

Máis novas sobre vivenda

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

Casa 47 adxudica a redacción do proxecto dunha promoción de 11 vivendas para aluguer alcanzable nun solar de Defensa en Monte Alto

Os terreos de Defensa na Coruña servirán para construír 88 vivendas sociais

O lugar das vivendas da Maestranza e Adelaida Muros

 

ÚLTIMAS

Indignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias aos socios de Maratón Inf.

Era esperada a saída da campaña de abonados do RC Deportivo A Coruña 26-27....

A Asoc. Veciñal incide nas posibles irregularidades da equipa redactora do Plan Urbanístico do Parque da Agra

Vai pelexar ata o final por un parque decente a veciñanza da Agra. Xa...

A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor

Con máis de 40 anos de socio (ten o número do carnet preto do...

Activada a prealerta por escaseza moderada de auga na Costa da Coruña ata Arteixo

A Xunta activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here