InicioA CORUÑAAvances na tramitación da declaración de 3 Lugares de Memoria na cidade

Avances na tramitación da declaración de 3 Lugares de Memoria na cidade

Publicada o

Por Redacción

O Concello da Coruña e a secretaría do Estado para a Memoria Democrática avanzaron na tramitación da declaración de tres Lugares de Memoria Democrática da Coruña:

  • Casa Cornide,
  • Casa Museo Casares Quiroga
  • O espazo comprendido entre a Torre de Hércules, Punta Herminia e Campo da Rata.

Segundo recolle o Goberno, un Lugar de Memoria Democrática é aquel espazo, inmoble, paraxe ou patrimonio cultural inmaterial ou intanxible no que se desenvolveron feitos de singular relevancia pola súa significación histórica, simbólica ou pola súa repercusión na memoria colectiva, vinculados á memoria democrática, a loita da cidadanía española polos seus dereitos e liberdades, a memoria das mulleres, así como coa represión e violencia sobre a poboación como consecuencia da resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936, a Guerra, a Ditadura, o exilio e a loita pola recuperación e profundización dos valores democráticos.

Lei de Memoria Democrática

Por outra banda, tamén se analizou a aplicación da Lei de Memoria Democrática na Coruña e se acordou a realización dunha homenaxe pública en María Pita ás persoas empregadas municipais represaliadas pola ditadura franquista. Segundo un estudo realizado polo Instituto Cornide, serían máis de 140 persoas as que sufriron dita represión.

Máis novas

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

Volven solicitar que o vello cárcere da Coruña se transforme nun Lugar de Memoria

O Concello da Coruña pide declarar Lugar de Memoria Democrática a península da Torre de Hércules

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here