InicioA CORUÑAAfectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder un tellado nun...

Afectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder un tellado nun edificio na Coruña

Publicada o

Por europapress

Dúas persoas resultaron afectadas por inhalación de fume tras arder un tellado nun edificio da Coruña, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112. Do suceso tívose constancia sobre as 09.20 horas da mañá e ao lugar trasladáronse efectivos dos Bombeiros, ademais de Policía Local e Nacional, xunto a Urxencias Sanitarias 061.

Os medios desprazados aínda están a traballar nos “labores de sofocación”, precisaron desde o servizo de emerxencias para sinalar que hai “moita carga térmica”. Foron varios particulares os que alertaron do incendio. En concreto, precisaron que ardía un tellado nun inmoble da rúa Antonio Pedreira Ríos, á altura do número dous, aínda que dá tamén polo outro á rúa Mosteiro de Sobrado. Axentes da Policía Nacional trasladaron a existencia de dúas persoas afectadas por inhalación de fume.

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

ADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler

A “lagoa” de Fonteculler é unha pequena acumulación de auga creada de forma artificial...

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...