InicioA CORUÑAA Coruña será sede en 2028 do Congreso Nacional de Parques y...

A Coruña será sede en 2028 do Congreso Nacional de Parques y Jardines Públicos

Publicada o

Por Redacción

A cidade da Coruña acollerá en 2028 o Congreso Nacional de Parques y Jardines Públicos (PARJAP). Así o decidiu a Asociación Española de Parques y Jardines Públicos (AEPJP), nunha xuntanza realizada a semana pasada en Barcelona, trala presentación da candidatura por parte da concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Deste xeito, a cidade volverá albergar este encontro estatal 25 anos despois da súa primeira edición na Coruña, celebrada no ano 2003.

O Concello da Coruña forma parte da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos como socio fundador e conta cunha ampla traxectoria na xestión e mantemento da infraestrutura verde urbana, así como no desenvolvemento de políticas orientadas á sustentabilidade e á mellora da biodiversidade na cidade. Neste sentido, a candidatura presentada puxo en valor a rede de parques, xardíns históricos e espazos naturais do municipio, así como a capacidade organizativa da cidade para acoller encontros profesionais de carácter estatal.

O congreso PARJAP constitúe un dos principais foros de intercambio técnico e profesional en materia de planificación, xestión e futuro dos espazos verdes urbanos, reunindo a especialistas, persoal técnico e responsables públicos de toda España. A edición de 2026, celebrada en Barcelona baixo o lema “Patrimonio vivo: transformando el paisaje urbano”, incluíu un amplo programa técnico de relatorios e encontros profesionais, así como actividades culturais vinculadas ao patrimonio verde e urbano da cidade anfitrioa.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María...

Detido un home tras un apuñalamento nos Mallos

Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo...

Galicia Design Week: Achegar o “bo deseño” aos ollos da cidade

A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da...

Cano incluirá A Coruña na súa xira estatal de 2027 co ‘Anais Tour’

A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here