Convertir a protección do medioambiente nun axente de reinserción social. É o principal obxectivo do proxecto Entre Crebas, que desenvolve a Asociación Mar de Fábula dende hai 3 anos co colectivo das persoas residentes no CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña.
Así, as persoas que cumplen a terceira parte da súa condena en réxime de semiliberdade, mentres buscan emprego, entenden con esta iniciativa a importancia de formar parte da sociedade, e de coidar o patrimonio natural, que ao fin e ao cabo, é de todos.
Así, este pasado mércores 25 de marzo celebrouse a segunda limpeza deste curso, que centra as accións na veciña praia das Lapas, historicamente coñecida como Areal da Torre.
A pesar das constantes visitas dos salvadores, a praia constitúe sempre unha sorpresa agradable pola súa paisaxe e a súa torre vixiante no alto pero, tamén, unha mostra desagradable do abano de detritos que baleiramos acotío nos océanos. Non hai día ou noite que non cheguen ás praias moreas de lixo plástico procedentes do mar.

Despois dunhas breves palabras de benvida e pautas a seguir na recollida do lixo, as 20 persoas voluntarias do CIS, moitas caras novas nesta ocasión, desplegáronse polo areal con todo interese e motivación, sentíndose útiles e activos nunha nova acción de coidado domar.
Nesta ocasión, o resultado da colleita infame, despois dunha hora de traballo, foi como sigue: 11 botellas de plástico, 8 paos plásticos das bateas, 50 anacos plástico miúdo brandos e ríxidos, 65 aparellos e residuos da pesca e unha sopa incontable de microplásticos.
Ademais, non faltaron dous dos males endémicos destas praias urbanas: 74 cabichas e 2 paquetes tabaco por un lado; e 75 toalliñas húmidas polo outro.
Tamén recolleron latas e botellas e un clásico deste lugar, que no seu día foi cemiterio de entullos: 70 anacos de ladrillo
Máis novas
A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia
Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”
A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

