InicioMOV. SOCIAISO persoal de Albada anuncia mobilizacións pola "precariedade" e o mal estado...

O persoal de Albada anuncia mobilizacións pola “precariedade” e o mal estado da planta de lixos da Coruña

Publicada o

Por europapress

O persoal de Albada —a empresa concesionaria do servizo de tratamento de lixos na Coruña— anunciou a convocatoria de mobilizacións contra a “precariedade salarial, o mal estado das instalacións e a demora na licitación dos novos pregos” para a adxudicación do servizo. Así o expuxeron nunha rolda de prensa na sede da CIG na cidade herculina, na que apuntaron ao comezo dun “período de conflitividade” en resposta ao empeoramento das condicións económicas e laborais, ao incumprimento dos requirimentos da Inspección de Traballo e á falta de persoal.

Por iso, o presidente do comité de empresa, Hadrián Canosa, explicou que iniciarán un calendario de protestas que arrincará o próximo 9 de abril cunha concentración na praza de María Pita, coincidindo coa celebración do pleno municipal. “Levamos máis de seis anos de prórroga forzosa e, mentres estamos a esperar a que a nova licitación se faga efectiva, padecemos as calamidades diarias dunha planta que cae a anacos”, aseverou o representante dos traballadores. Canosa asegurou que a planta “non recicla” nin está adaptada aínda ao quinto colector.

En canto ao estado das instalacións, denunciou que “chove dentro das naves, sobre os cadros eléctricos e sobre os puntos de luz e as zonas de paso”. Segundo criticou o comité, a limpeza das dependencias é “moi deficiente” debido ao mal estado das cintas transportadoras. Os traballadores advertiron ao Concello que serán “perseverantes” ata conseguir ser escoitados e que se poña fin á situación de abandono que, segundo din, sofre o centro de tratamento de residuos de Nostián.

ÚLTIMAS

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como "primeiro videoxogo dun Xacobeo",...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...