InicioCULTURAOs XXX Premios de Teatro María Casares renderán homenaxe a Manuel Lourenzo

Os XXX Premios de Teatro María Casares renderán homenaxe a Manuel Lourenzo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá no Teatro Rosalía Castro todos os detalles da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, a gran cita da escena galega. A gala desenvolverase o mércores 8 de abril de 2026 ás  20:30 horas no Teatro Rosalía.

Os Premios reunirán este ano 17 espectáculos que optan a 16 galardóns en categorías que abarcan desde a interpretación ata os apartados técnicos e os espectáculos infantís e de monicreques. Entre as montaxes con máis candidaturas destacan Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, con 11 finalistas —incluíndo Espectáculo, Dirección e Texto—; A serie clopen, do Centro Dramático Galego, con 10 —incluíndo Espectáculo, Dirección e Actriz Protagonista—; e TROMSØ, de Morraoconto, con 7 —incluíndo Espectáculo e Dirección—.

A imaxe desta 30ª edición foi creada pola ilustradora e deseñadora luguesa Rebeca Losada, coñecida pola súa paleta vibrante e a súa traxectoria no mundo editorial e musical.

Festexar a Manuel Lourenzo

A gala deste ano terá como fío condutor a figura e a obra de Manuel Lourenzo, histórico actor e dramaturgo galego, Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997, finado o pasado verán. Baixo a dirección de Gloria Rico, o espectáculo propón non a melancolía nin o eloxio fúnebre, senón a celebración.

A AAGG quere compartir este momento, premios e espectáculo co público, polo que a Gala poderá seguirse en directo vía streaming a través de YouTube: https://youtube.com/live/fsWS95CFbI8

Homenaxe a Luma Gómez

Nesta edición, a AAAG entrega o seu recoñecemento especial á actriz e activista Luma Gómez, figura fundamental do teatro galego e do movemento asociativo profesional. Eva Fórneas, presidenta da AAAG, subliña o seu perfil único: “Luma é un referente en moitos aspectos: muller que fundou e cofundou tanto a Asociación como entidades artísticas, nunca deixou de adicarse ao teatro. Sempre moi concienciada coa profesión e cos dereitos e loitas sindicais. Queremos darllo agora para que poida gozar e desfrutar do recoñecemento desde o escenario, como cada día, tamén detrás dos papeis, porque Luma é unha curranta nata”, sinala.

Máis novas

A 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares coa presentación do cartel

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

Inés Rey pide “coordinación” para impulsar con municipios da contorna a prestación de servizos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou á "coordinación e unión entre administracións" para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here