InicioA CORUÑAPiden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de...

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Avanza, ante a ollada de toda a cidade, o delirio urbanístico de Visma. Máis de 30 edificios e preto de 4.000 vivendas asolagan o que puido ser o gran parque que unise os barrios da Agra do Orzán, Labañou, A Gramela e Visma.

Unha megaurbanización, da envergadura do barrio dos Rosais, creado nos anos 90, ou de Novo Mesoiro, nos 2000, que agocha tesouros patrimoniais. Veremos como queda mergullada no mar de asfalto a arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, e de onde partía o acueducto que aínda hoxe queda erguido no Paseo das Pontes. E veremos tamén que fan as administracións co novo achádego, feito público unicamente por La Opinión da Coruña.

Segundo sinalan arqueólogos da provincia de forma anónima (hai contratos de confidencialidade asinados), as obras descubriron, preto do Ágora, uns restos arqueolóxicos que inclúen dúas cabanas e unha cista funeraria, unha tipoloxía de enterramento individual datada na Idade do Bronce.

“Trátase dunha serie na que se ve a cista antes e despois de serlle retirada a lousa de cobertura á caixa de lousas na que estaría enterrado un cadáver ou, se xa se empregou o rito de incineración, as súas cinzas”, explica o que foi o arquitecto municipal José María Bello. Bello, baseándose nas teses de Ana M. S. Bettencourt, data a cista aproximadamente entre o 1600 e o 2000 a.C. Un resto arqueolóxico importante para a cidade”, para o que piden transparencia.

Segundo fontes da Consellería de Cultura, os traballos realízanse baixo control arqueolóxico e os achados xa foron comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como establece a normativa vixente, segundo concreta Historia de Galicia.

Máis novas

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

A Arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, espera os edificios da macrourbanización de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

 

ÚLTIMAS

SOS Sanidade Pública sae á rúa esixindo acabar coa manipulación das listas de agarda

A Plataforma SOS Sanidade Pública protagonizou esta mañá unha concentración ás portas do CHUAC....

Choque entre o portavoz do PP na Coruña e a alcaldesa: “Ratificareime en que é unha acosadora”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, e...

O San Xoán incluirá unha proba piloto de reserva de “parcelas” na praia

Xa hai cartel para o San Xoán. O ilustrador e cineasta coruñés Alberto Vázquez,...

“Eu non o toquei”, di o autor confeso do asasinato de Yoel Quispe no xuízo

O autor confeso da apuñalamento mortal a Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here