InicioOPINIÓNCampos Venuti: 40 anos despois, tipoloxía do despilfarro e austeridade urbanística

Campos Venuti: 40 anos despois, tipoloxía do despilfarro e austeridade urbanística

Publicada o

Por Ricardo Vales

Confeso que a leitura da obra de Giuseppe Campos Venuti, Urbanismo y austeridad, S.XXI. 1981, marcou poderosamente a miña participación nos movementos sociais, á vez que contribuiu a facerme reflexionar sobre o desbaraxuste urbanístico coruñés das últimas décadas e o seu desarraigo da vontade social. O “modelo de cidade” que tan lixeiramente se propaga a miúdo para convencer á opinión pública sobre as bondades dos programas eleitorais soe resolverse en materia urbanística nun mundo hermético de pequenas conspiracións e intrigas, alleo ás necesidades máis inmediatas da maioría da poboación. Por ilo, considero que a obra de Campos Venuti sigue vixente no momento actual que vive A Coruña para entender diversos escándalos que comparten honores estelares ao estilo dos intentos de construcción enriba dun BIC, (Campo da Estrada-Maestranza), agresións á paisaxe (complexo polideportivo da Solana), ou a teima de seguir considerando o común como extracción de plusvalías (peiraos, vello cárcere e antigo cuartel da Grela) porque no fondo só provocan empobrecemento e destrucción de recursos, da beleza e da propia vida da cidade.

Dentro deste contexto, Campos Venuti sitúa a denominada crise das cidades a partir de elementos fundamentais da lóxica capitalista que enumera na carencia de vivendas e equipamentos sociais, crecemento demográfico asfixiante, terciarización, deportación das clases populares ao extrarradio e saqueo do medio ambente e do patrimonio histórico-monumental, agravado todo ilo polo que denomina como “tipología del despilfarro”, concepto fronte o que propugna a “austeridad urbanística” na liña de acadar unha mellor calidade de vida que debería concretarse en vivenda popular, renovación urbana e reapropiación pública de espazos patolóxicamente privados, planificación democrática e control popular do urbanismo, equipamentos sociais e tecnolóxicos coa eliminación de resíduos e con instalacións anticontaminantes. En contraposición ao modelo cuantitativo privado e ríxido do urbanismo capitalista, Campos Venuti propón un urbanismo cualitativo, comunitario e programático.
Ben, todo isto é historia pasada, pero seu recordatorio podería servir como leizón ás portas dunhas eleizóns municipais de extraordinaria importancia das que dependerá a construcción dun modelo de cidade baseado na loita contra o despilfarro dos recursos improductivos e ambientais e contra o consumo improductivo ou para quenes só persiguen a renta inmobiliaria através da especulación. Porque, en definitiva, a cidade ten que ser o resultado da participación de homes e mulleres, vellos e mozos no que cada un deles ten idéntico dereito ao respecto da súa liberdade e á defensa do seu patrimonio histórico-cultural para construir esa cidade habitábel da que falaba Campos Venuti creando espazos de liberdade para camiñar, para estar, espazos de misterio, incontrolados, aínda que a idea  poida resultarlle insoportábel aos que só teñen na cabeza A Coruña como negocio privado. Aí é precisamente onde hai que elexir entre que lles resulte insoportábel a uns poucos ou á gran maioría.
Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de comunicación do Club de Opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común

ÚLTIMAS

Cambre segue paralizado por dentro e por fóra

Non avanza o Concello de Cambre, nin sequera trala segunda dimisión na alcaldía, que...

Maruxa Seijas, Republicana de Honra 2025

María del Carmen Seijas, veciña da Coruña, recibiu o recoñecemento como Republicana de Honra...

Xai hai data e artistas participantes para a xornada de Estudios Abertos

39 talleres artísticos da cidade participarán na nova edición da xornada Estudios Abertos. Unha...

Desarticulado un grupo de venda de droga en Penamoa

Dúas persoas, un home e unha muller, foron detidas como autores dun delito de tráfico...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here