InicioA CORUÑAMáis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na...

Máis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fermosa é sempre a xornada do Correlingua. A cidade acollía a XXVI edición desta divertida carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración, entre outros, do Concello e da Deputación da Coruña. Como en pasadas edicións, foron máis de 2.200 alumn@s da cidade e da comarca, os que participaron esta festa normalizadora.

Bonita xa é a gran serpe de crianzas que atravesan a cidade dende Riazor percorrendo o paseo con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega, uníndose co alumnado dos centros máis céntricos, para xuntar ao acubillo de Breogán e celebrar o galego.

apg_20260506_CORRELINGUA_TORRE_DE_HERCULES_008

A festa chegaba co lema ‘Co galego no corazón, facemos revolución’, e Isabel Risco como presentadora, e contou coa actuación da divertida Mekánica Rolling Band.

Foi o alumnado do Alfonso X O Sabio, de Cambre, o encargado de ler este ano o manifesto. Os centros premiados pola súa animación foron o CEIP Novo Mesoiro e o IES Neira Vilas. Recibiron como agasallo un lote de libros cedido pola libraría Moito Conto.

Correlingua A Coruña (1)
Sol Agra durante o Correlingua

Entre as intervencións destacou a da deputada Sol Agra, que amosou tamén a súa «satisfacción» por poder participar no Correlingua desde A Coruña, cidade que definiu como «a histórica sede das Irmandades da Fala» e que conta hoxe cun centro de referencia como o IES Rafael Dieste, coñecido polo seu compromiso e campañas como ‘Aquí tamén se fala’. Neste sentido, salientou que esta iniciativa, «co impulso colectivo da mocidade rebelde que leva o galego no corazón, conseguiu un fito histórico como que o Deportivo por fin vaia ser ‘da Coruña’».

Centros participantes

  • A Coruña: IES Ramón Otero Pedrayo, CEIP Novo Mesoiro, IES Agra do Orzán, CEIP Zalaeta, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Menéndez Pidal, CEIP Sagrada Familia, IES Monelos, IES Salvador de Madariaga, CEIP Torre de Hércules, IES Plurilingüe Elviña e IES Urbano Lugrís
  • A Laracha: IES Agra de Leborís.
  • As Pontes de García Rodríguez: IES Plurilingüe Castro da Uz.
  • Cabana de Bergantiños: CPI As Revoltas.
  • Cambre: IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján.
  • Carral: IES de Carral.
  • Coristanco: CEIP DE Bormoio-Agualada.
  • Culleredo: CIFP Universidade Laboral e IES Eduardo Pondal.
  • Oleiros: CEIP da Rabadeira e IES Xosé Neira Vilas.
  • Pontedeume: IES Breamo.

Ao longo do mes de maio, o Correlingua 2026 continuará o seu percorrido nas próximas semanas con novas citas en diferentes localidades galegas. Tras o paso por Santiago de Compostela e A Coruña, a programación chegará a Moaña o día 7, Monforte (13), A Estrada (15), Narón (19), Ourense e Ribadeo (20), Pontevedra (21), Lalín e Vigo (22), para rematar en Lugo o 27 de maio.

Máis novas

As escolas unitarias morren ou mátanas?

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Así foron os anos pasados:

Un milleiro de nenos e nenas reivindican o uso do galego nunha nova edición do Correlingua na Coruña

O Correlingua fixo que centos de @alumn@s botasen a lingua fóra

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here