InicioDEPORTESSKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de...

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa se din pronto… 400 programas en antena. A programa SKPMotor vén de celebrar unha data sinalada, recollendo dende hai 9 anos a actualdiade do motor do país dende os estudios da Zapateira de CUAC FM.

Baixo a dirección de Xurxo Varela, e colaboración dos Iván Carmona, Luís Carré e David López, e Marta Gómez (tamén directora do podcast “Enworking”, sobre psicoloxía laboral) aos mandos técnicos, son toda unha referencia no sector.

Este pasado xoves celebaron o seu programa número 400. Coma sempre comezaron co “Momento Fochanca”, onde repasan o mal estado das estradas e a falta de mantemeto das autoridades.
Viaxaron a Lugo para falar co motorista Sebi Pajuelo, organizador da Distinguished Gentleman’s Ride. Este evento benéfico terá lugar o domingo 17 de maio en máis de 1.000 cidades de todo o mundo, reunindo a pilotos de motocicletas clásicas, vintage e café racer para recadar fondos para a saúde masculina, especialmente para a investigación do cancro de próstata e a saúde mental. O equipo de SKPMotor acompañará á caravana nesta primeira cita herculina no evento.

Ademais, dende Miño achegáronse ao estudio da Zapateira o piloto Iván Rodriguez e a súa copilota Nile González para presentar o seu equipo PER MOTORSPORT, co que esta temporada van a participar no Desafío Kumho Galicia deldoCampeonato Gallego de Rallysprint cun Renault Clio 16v. que rinde unos 136 cv.
No episodio tamén tiveron a visita sorpresa do amigo Alberto González da Escudería Coruña, organizadores do Eco Rally da Coruña.

Podes escoitar o programa cada xoves ás 23:00h no 103.4FM, ou tamén escoitar o programa do aniversario premendo esta ligazón ou acceder a todos os seus programas no seu espazo en www.cuacfm.org. E tamén podedes seguir tamén a través das redes sociais en Facebook e Instagram @escapemotor.cuac.

Máis novas

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

ÚLTIMAS

O home ferido cunha arma branca nos Mallos está estable, pero grave

O home agredido cunha arma branca tras unha disputa na xornada do xoves na...

O Mural desoe ás promesas das administracións e convoca unha nova manifestación para defender o coidado dos frescos de Lugrís

Lanzaba con retranca este luns Rodrigo Osorio no Xornal o anuncio dunhas hipotéticas boas...

A Fundación Luís Seoane mantén a actividade cunha nova exposición de óleos inéditos

Seguimos sen saber nada do novo procedemento de contratación dunha subdirectora substituta na Fundación...

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia recibe, xunto con Carolina Iglesias, dous Premios Inocentes de inclusión

Está de noraboa a FAXPG. A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here