InicioA CORUÑAA necesidade dun marco financieiro para seguir mantendo as 54 vivendas para...

A necesidade dun marco financieiro para seguir mantendo as 54 vivendas para persoas en risco de exclusión social na Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Temos falado no Xornal dos moi bos servizos de asistencia social máis básicos como o Centro de Baixa Esixencia,  tan necesarios ante o progreivo aumento da probreza crónica. A cidade conta con grandes servizos como o albergue de Padre Rubinos, a Cocina Económica, o SEMUS (o servizo nocturno de atención en rúa coordinado pola Cruz Vermella), os comedores Sociais do Centro Cívico Monte Alto e Centro Cívico Noboadanza (Agra do Orzán), os puntos de calor-café Acouga de ACCEM ou o Sísifo da Fundación Érguete-Integración no Barrio das Flores. Un traballo en rede que protexe aos máis vulnerables, aqueles que non teñen teito sobre o que acubillarse.

Un paso máis é o das vivendas reservadas para as persoas en probreza crónica ou en risco de exclusión social. Falamos por exemplo de persoas sen fogar, ou de persoas que saen en terceiro grao e non teñen lugares de acollida familiar, e teñen que aproveitar a rede de 54 vivendas que coidan entidades do Terceiro Sector

Arela, Boa Vida Inclusión Activa, COGAMI, CDR Portas Abertas, Emaús Fundación Social. Fundación Érguete – Integración, JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano, Provivienda, Hogar Si, ONG Mestura, Igaxes Saúde Mental, FEAFES Galicia, Movemento pola Paz – MPDL, Ecos do Sur, Poten100mos e outras como Cáritas ou a Pastoral, coordinan este rede de apoio ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade.

O SIMPOSIO

A rede de entidades que hai dentro da EAPN Galicia vén de celebrar o Simposio ‘Así aseguran as entidades de acción social o acceso á vivenda’ co fin de poñer en valor o papel do Terceiro Sector no acceso á vivenda. Presentouse en exclusiva o estudo ‘A provisión e xestión de vivendas polo Terceiro Sector de Acción Social en Galicia’no que participaron 45 entidades do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia.
E unha das principais conclusións, é a necesidade de que dun marco de apoio lexislativo e financeiro para que estas entidades poidan seguir garantindo o acceso á vivenda ás persoas en pobreza e exclusión social.

Unha xornada que xirou en torno á reflexión, debate e análise do rol que xogan as entidades do Terceiro Sector no acceso á vivenda nas persoas en pobreza. Evidenciouse o desempeño das entidades sociais  na provisión e xestión de vivenda, así como a súa contribución no acceso e mantemento da mesma. Asemade levan a cabo procesos de inclusión residencial con persoas en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión con actuacións de intermediación inmobiliaria, xunto con enfoques de mediación veciñal e comunitaria.

A inauguración correu a cargo de Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social e Ángel Luis Tarrío, director xeral Cohesión e Fondos Europeos e Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia que salientou “as entidades están a actuar como un dos principais mecanismos de acceso á vivenda para moitas persoas que quedan fóra das políticas públicas e do mercado residencial. Malia o traballo esencial que realizan, moitas veces permanece invisible e sen apenas recoñecemento”. O Simposio tamén contou coa participación de Mª Ángeles Domínguez, secretaria xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo e de profesionais do Terceiro Sector de referencia nacional como Gemma Gallardo, co-directora xeral en Asociación Provivienda e Albert Ferré, director xeral de Fundació Hàbitat3.

As entidades entendendo a #EmerxenciaVivenda contando con escasos recursos

En primicia, presentouse o estudo ‘A provisión e xestión de vivendas polo Terceiro Sector de Acción Social en Galicia’ elaborado por EAPN Galicia coa participación de 45 entidades do Terceiro Sector de Acción Social galego. Un informe no que se achega o necesario papel que desempeñan as entidades do Terceiro Sector na dotación e administración de vivenda, así como a súa función no acompañamento á inclusión socioresidencial.

A nivel galego

O estudo revela que en 2025, na cidade da Coruña as entidades do Terceiro Sector xestionaron de xeito directo 54 vivendas con algún tipo de actuación, apoio ou acompañamento.

A nivel autonómico foron 374 as vivendas xestionadas directamente, das que 62 son propiedade das entidades, 71 pertencen a unha cesión,  e a modalidade máis frecuente, o contrato de alugueiro a nome da entidade corresponde a 141 vivendas. Estas 374 vivendas proporcionaron un fogar a 2.063 persoas de diferentes grupos de poboación en exclusión social.

O informe tamén ilustra as vivendas que se xestionaron de maneira indirecta. Nun período máis prolongado do 2023-2025, foron unhas 3.783 vivendas coas que a entidade non tiña ningún tipo de relación contractual pero nas que si que consta algún tipo de intervención.  En total entre o ano 2023 e 2025 son 8.647 as persoas beneficiarias de programas e proxectos relacionados directa ou indirectamente co acceso e mantemento da vivenda.

Financiamento

Malia a enorme labor que realizan as entidades sociais poñendo remedio a Emerxencia Vivenda, seguen a ter unha deficiencia na financiación. O informe manifesta que o 48% das entidades que participaron neste estudo realizaron actuacións que non estiveron especificamente financiadas. Un dato que pon de relevo o sobreesforzo económico e profesional que lles supón ás entidades do Terceiro Sector.

Os datos recollidos neste informe dan conta da necesidade de artellar mecanismos cara unha integración estrutural do Terceiro Sector nas políticas de vivenda, superando a lóxica de colaboracións puntuais. É preciso establecer marcos estables de financiamento plurianual que permitan planificar a medio e longo prazo, consolidar equipos profesionais especializados e ampliar o parque de vivenda social xestionado por entidades sen ánimo de lucro.

Do mesmo xeito, é necesario avanzar cara un modelo de provedores de vivenda cun recoñecemento normativo claro. A experiencia doutros países europeos e as primeiras iniciativas desenvolvidas no Estado español apuntan a que o modelo de entidades sociais provedoras de vivenda son unha vía eficaz para ampliar o parque de vivenda a prezo accesible.

Neste sentido Mª Ángeles Domínguez, secretaria xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na mesa de diálogo ‘Retos e oportunidades para incoroporar ao Terceiro Sector na provisión e xestión de vivenda con fins sociais’ lanzou o compromiso de contar co Terceiro Sector para colaborar na provisión e xestión de vivenda.

Máis novas

Advirten do aumento da pobreza crónica e invisible na Coruña

O Terceiro Sector no Seminario da EAPN-ES da Coruña: “A pobreza non é inevitable”

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

 

ÚLTIMAS

Miguel Lorenzo convencido que será novamente candidato do PP na Coruña: : “É Rueda quen ten que anuncialo”

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, destacou que ten un...

Carme Fernández Pérez-Sanjulián guiará este domingo o novo roteiro da AELG pola cidade sobre Otero Pedraio

A Asociación de Escritores en Lingua Galega continúa cos seus roteiros literarios.  O Roteiro Camiñando...

Unha limpeza da praia de Riazor polo Dépor

Este sábado, a praia de Riazor volverá encherse de compromiso, deporte e orgullo branquiazul....

Ana Pontón presentou a Avia Veira como a candidata do BNG para que A Coruña “dea un paso adiante”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a Avia Veira como a candidata...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here