InicioPOLÍTICALorenzana descártase como candidata á Alcaldía da Coruña: "Desexo seguir estando (na...

Lorenzana descártase como candidata á Alcaldía da Coruña: “Desexo seguir estando (na Xunta)”

Publicada o

Por Lorenzana descártase como candidata á Alcaldía da Coruña: "Desexo seguir estando (na Xunta)"

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou que a elección do candidato ou a candidata á Alcaldía da Coruña é “unha cuestión do partido”. Así se manifestou ao ser preguntada sobre a persoa que podería optar a ser o número un da candidatura despois de que nas últimas eleccións municipais se presentara o actual portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo.

Cuestionada, nun acto con empresarios na Coruña, sobre se se ve como candidata, a conselleira de Economía indicou que está no Goberno da Xunta. “Espero e desexo seguir estando (na Xunta), temos moito traballo por facer”, dixo para remarcar que se trata dun asunto que debe decidir o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o provincial, Diego Calvo.

RUEDA CONFÍA EN QUE MIGUEL LORENZO REPITA COMO CANDIDATO DO PP

Así as cousas, o titular do Executivo galego e presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, mostrou a súa confianza en que o actual presidente do PP local coruñés e portavoz do grupo municipal no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, volva presentarse como candidato á Alcaldía. “Está a facer un traballo magnífico”, asegurou ante os medios na cidade herculina durante unha visita ás instalacións da empresa Coca-Cola. Con todo, precisou que será o próximo mes cando se fagan públicos os candidatos das cidades.

“Temos unha estratexia e unha planificación para presentar os candidatos, comezando polos das cidades”, indicou, lembrando que en xuño anunciarán os candidatos e as candidatas das urbes galegas. Rueda dixo comprender “as especulacións” tras terse difundido a posibilidade de que Miguel Lorenzo non repetise como candidato, pero insistiu en que o PP é un partido de “poucas improvisacións e moito traballo”“Non me corresponde a min dicir quen vai ser, sinceramente; aínda que sexa presidente, creo moito nos procedementos internos que funcionan no Partido Popular de Galicia”, subliñou, antes de pedir respecto polos prazos dos órganos do partido para a toma de decisións.

RESPALDO AO TRABALLO REALIZADO POR LORENZO

Con todo, Rueda trasladou o seu apoio a Miguel Lorenzo “polo traballo feito ata agora durante moitos anos na oposición e polas expectativas de futuro”“E, ademais, vendo os nervios que lles pon a algunhas persoas, creo que Miguel Lorenzo está a facer un traballo magnífico”, afirmou. “E, polo tanto, se me preguntan cal é a miña opinión, que o seu traballo é magnífico”, reiterou, aínda que matizou que unha cousa é o que lle agrade a el “e outra o que se teña que dicir”“Eu agardo sinceramente que coincidamos, pero nunca me escoitarán dicir que tal persoa vai ser o candidato”, apostilou.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...