InicioA CORUÑAOs empresarios coruñeses reclaman cambios urxentes para reducir os custos de acceso...

Os empresarios coruñeses reclaman cambios urxentes para reducir os custos de acceso á rede eléctrica

Publicada o

Por europapress

Fronte común do tecido empresarial herculino ante os novos atrancos para o desenvolvemento enerxético. A Cámara de Comercio da Coruña e a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) uniron as sūas voces para demandar de forma urxente cambios estruturais nas condicións de acceso á rede eléctrica. Segundo sinalan ambas as dúas entidades, a regulación actual supón unha penalización directa para aqueles proxectos industriais que achegan un alto valor engadido á economía local.

UN CAMBIO LEGAL QUE CORRIXE ERROS PERO SUPÓN NOVOS ATRANCOS

A través dun comunicado conxunto, os representantes empresariais lembran que o modelo tradicional de acceso á rede para a demanda industrial viña presentando desde hai tempo determinadas disfuncións organizativas. O principal problema residía en que as regras do xogo facilitaban un efeito acaparador, motivado directamente por un sistema de adxudicación baseado na concorrencia non competitiva.

Para tentar emendar estas eivas, o recente Real Decreto-lei 07/2026 introduciu modificacións de calado no réxime económico de acceso e conexión á rede eléctrica, afectando de forma directa a calquera nova demanda industrial que queira establecerse no territorio.

PENALIZACIÓN PARA OS PROXECTOS A LONGO PRAZO

Malia que os empresarios coruñeses comparten a necesidade de solucionar os fallos do modelo anterior, advirten con preocupación de que a solución aplicada introduce unha barreira económica excesiva. Desde a Cámara de Comercio e a CEC sinalan que o novo marco normativo establece un incremento moi significativo do custo inicial de electrificación para todas aquelas industrias que estean a planificar a súa implantación ou que precisen ampliar o seu consumo eléctrico actual.

Este encarecemento resulta especialmente prexudicial para os proxectos industriais de gran envergadura que, pola súa propia natureza, requiren dun período de execución e maduración elevado no tempo. Por este motivo, o empresariado da Coruña reclama axustes institucionais para evitar que a nova normativa se converta nun freo para o investimento e a creación de emprego no sector secundario.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...