InicioA CORUÑAO Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e...

O Teatro Colón acolle este domingo unha homenaxe ao activista cívico e cultural Manolo Caamaño

Publicada o

Por Redacción

O colectivo A Rigueira, do que formaba parte, organiza unha homenaxe a Manolo Caamaño (Noia, 1936-A Coruña, 2026) que terá lugar o domingo 14 de xuño, as 20 horas, no teatro Colón. O acto, con entrada libre ata completar aforo, será presentado por Miguel Pernas. A parte musical estará a cargo de Miro Casabella e a coral Follas Novas da que Manolo Caamaño foi vicepresidente; con esta coral actuará a soprano Susana de Lorenzo.

O autor do emblemático libro As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia, ademáis de presidente de O Facho, fundador do Partido Socialista Galego, promotor do curso “O galego hoxe” e directivo do Museo do Pobo Galego será homenaxeado no teatro Colón de A Coruña o domingo 14 de xuño desde as 20 horas.

Manuel Caamaño Suárez, académico correspondente da Real Academia Galega, foi un destacado activista cívico e cultural desde a mocidade, cando en pleno franquismo descubriu en Barcelona a Galicia oculta e tomou conciencia da súa realidade. Natural de Noia e arquitecto técnico de formación, compaxinou a súa carreira profesional, na que estudou e contribuíu ao coñecemento da arquitectura popular galega, cun destacado activismo cívico e cultural participando en distintas asociacións e entidades, entre elas o Partido Socialista Galego (PSG) desde o seu grupo fundacional (1964), a Agrupación Cultural O Facho, que presidiu de 1966 a 1979, as fundacións Castelao e Pedrón de Ouro ou o Museo do Pobo Galego.

Desde 1975 e ata 2000 foi profesor asociado da Universidade da Coruña, en cuxas aulas impulsou o uso do galego e deulles a coñecer a varias xeracións de futuros profesionais a arquitectura tradicional galega e promoveu o seu estudo. Foi ademais un activo membro do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da Coruña.

No acto falarán Xosé Ramón Fandiño (Museo do Pobo Galego-Pedrón de Ouro), Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, Carlos López (Agrupación Cultural O Facho), Miro Casabella e Xosé Manuel Beiras Torrado.

ÚLTIMAS

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

Román Rodríguez aproveitou para criticar a falta de mantemento do Concello. --- --- --- Visita...

Piden paralización real das obras da promoción de luxo na Maestranza

Hoxe continúan as obras da urbanización de luxo da Maestranza, a pesar da orde...

O comercio de alimentación da Coruña convoca unha gran manifestación este domingo

Continúan as mobilizacións do persoal do comercio de alimentación das grandes cadeas de supermercados....

A Coruña supera o millón de euros coa taxa turística no primeiro semestre do ano

O Concello da Coruña recadou 1.044.839,62 euros coa taxa turística no primeiro semestre de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here