InicioBARRIOSXa chegan os buses a Xuxán

Xa chegan os buses a Xuxán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Agroman os edificios como cogumelos no barrio de Xuxán, e por fin as infraestruturas se van adaptando. Esta mañá de luns 22 de xuño chegaba o primeiro bus urbano ao centro do novo barrio, integrándose así na rede municipal de transporte urbano da Coruña.

A liña 4 completou o seu primeiro percorrido ao longo do barrio, que pasa a integrarse na rede municipal sumando tres novas paradas de autobús, xa operativas: dúas, na avenida das Fresas e unha terceira na avenida de Xuxán.

A alcaldesa, Inés Rey, formou parte desta primeira viaxe da liña 4 en dirección a Xuxán, que mantén o seu trazado habitual, con paso previo pola avenida de Monelos, antes de acceder ao barrio a través da rúa da Canteira.

En paralelo, o Concello tamén avanzou na implantación de melloras na mobilidade do barrio, coa posta en servizo das súas primeiras bases de BiciCoruña, habilitadas a finais do ano pasado.

Máis novas

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

A Coruña avanza na construción de 50 novas vivendas para aluguer social no barrio de Xuxán

A Xunta licita por 51,5 millóns 264 vivendas públicas en Xuxán e reclama ao Estado “axilidade” co Plan de Vivenda

 

ÚLTIMAS

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here