InicioA CORUÑAO voceiro do PP local da Coruña reitera a súa denuncia por...

O voceiro do PP local da Coruña reitera a súa denuncia por suposto acoso sexual a tres funcionarias municipais

Publicada o

Por monchomarino

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, reiterou a súa denuncia por suposto acoso laboral a tres funcionarias municipais por parte do goberno local, segundo insistiu en declaracións aos medios de comunicación antes de asistir ao acto de conciliación fixado para esta xornada e previo á querela anunciada pola alcaldesa, a socialista Inés Rey.

Tras denunciar supostos acosos a tres funcionarias municipais, insistiu, en declaracións aos medios antes de comparecer na conciliación previa á querela exposta pola alcaldesa — que non acudiu ao citado acto –, Lorenzo asegurou que esta pedía que se desculpase e se retractase, e que non o fixo porque non lle van “calar”.

“Cando chegue o momento, demostrareilles a verdade do que dixen a través de probas documentais, como o correo dos sindicatos, declaracións que constan nos xulgados de instrución desta cidade por outros asuntos dalgún funcionario afectado que denuncia esta realidade e co testemuño destes funcionarios, aos que chamarei a declarar para que conten a súa verdade“, remarcou.

“O único que fixen foi verbalizar o que xa constaba en escritos enviados polos sindicatos”, aseverou para asegurar que existen “probas” e que a elas se remitirá no proceso xudicial.

“Con este acto a alcaldesa pretende calarme, pero non o vai conseguir”. “É unha forma de actuar do Partido Socialista, estámolo vendo todos os días, o que está a pasar nos tribunais e como se defenden das súas vergonzas”, sentenciou.

Mentres, preguntada polos medios de comunicación por esta cuestión, a rexedora socialista evitou facer ningunha declaración ao respecto. “Nada que comentar”, dixo.

 

ÚLTIMAS

Folga nos autobuses da Coruña: os traballadores denuncian unha carga laboral excesiva e prodúcense danos en dous vehículos

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, empresa adxudicataria do servizo de autobuses...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

O TSXG avala o despedimento dun líder sindical do lixo da Coruña por instar a boicotear o servizo durante a folga

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou como...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here