InicioA CORUÑAAparece o mosquito tigre tamén na Coruña, sumándose a Pontevedra

Aparece o mosquito tigre tamén na Coruña, sumándose a Pontevedra

Publicada o

Por europapress

A Xunta informou de que durante este 2026 confirmouse a presenza de mosquito tigre no Concello da Coruña, o primeiro na zona norte da comunidade e que se engade aos xa coñecidos de: Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, Vilaboa, O Porriño, Tui, Mos, Bueu, Ponteareas, Poio e Salvaterra de Miño, todos eles na provincia de Pontevedra. Diso informou o Goberno galego nun comunicado, no que explica que continúa reforzando a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), da que neste 2026 forman parte 31 consistorios co obxectivo de identificar os principais organisos transmisores de enfermidades.

Dos 64 municipios convidados a participar na rede durante este ano, a Xunta detallou que 26 confirmaron a súa adhesión: A Coruña, Betanzos, Carballo, Noia, Ordes, Santiago de Compostela, Vimianzo, Monforte de Lemos, Baiona, Bueu, A Guarda, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontevedra, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A lestes 26 municipios engadíronse recientemetne os de Allariz, O Carballiño, Castrelo de Miño, Ourense e Rairiz de Veiga, tras a reunión informativa organizada polo Departamento Territorial de Sanidade en Ourense, na que se informou da importancia da colaboración na vixilancia entomológica. A Rede galega de Vixiancia de Vectores foi creada en 2017 mediante un convenio de colaboración entre as consellerías de Sanidade e de Medio Rural e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo. O seu obxectivo é identificar os principais organismos transmisores de enfermidades humanas e animais, coñecer a súa distribución e abundancia, avaliar o risco de transmisión de patógenos e facilitar a adopción de medidas preventivas para protexer a saúde da poboación.

DETECCIÓN DO MOSQUITO TIGRE EN GALICIA

Na actualidade, en Galicia están presentes especies de mosquitos capaces de transmitir enfermidades como a causada polo virus do Nilo Occidental (mosquitos do xénero Culex) ou o dengue, chikungunya e zika (mosquito tigre, Aedes albopictus). Aínda que estas especies de mosquitos non están a transmitir estas enfermidades na comunidade por non estar infectados polos microorganismos causantes, a súa vixilancia resulta fundamental para detectar de forma temperá calquera cambio na situación epidemiolóxica.

Durante este 2026 confirmouse a presenza do mosquito tigre tamén no concello da Coruña, o primeiro na zona norte da comunidade e que se engade aos xa coñecidos de: Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, Vilaboa, O Porriño, Tui, Mos, Bueu, Ponteareas, Poio e Salvaterra de Miño. Co obxectivo de avaliar a evolución da situación e coordinar as actuacións de seguimento e control, o próximo 9 de xullo reunirase o Comité Interdepartamental do Mosquito Tigre, no que participan os concellos con presenza confirmada deste vector, as áreas sanitarias implicadas e representantes dos distintos organismos colaboradores.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...