Despois do desafiuzamento evitado pola mobilización social vivido o pasado 9 de xullo na rúa Vicente Aleixandre, a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros quere expresar a súa “solidariedade con todas as persoas que sofren esta situación e reafirma o seu compromiso coa defensa do dereito á vivenda, da xustiza social e da cohesión dos barrios”. A Asociación entende que “unha sociedade máis xusta constrúese desde a protección dos dereitos fundamentais e lembra que un barrio forte é aquel no que ninguén queda atrás”.
Pero do mesmo xeito, manifesta tamén “a súa profunda preocupación pola persistencia dos desafiuzamentos, unha realidade que continúa afectando a de persoas e familias, moitas delas en situación de especial vulnerabilidade”.
A entidade considera que “o acceso a unha vivenda digna constitúe un dereito fundamental recoñecido constitucionalmente e un dos piares básicos para garantir a igualdade, a inclusión social e a dignidade das persoas”. Por este motivo, entende que “a vivenda non pode ser tratada exclusivamente como un ben sometido ás regras do mercado, senón como un dereito que debe ser protexido polas administracións públicas.”
Desde a Asociación deféndese que “ningún fogar debería verse privado da súa vivenda por razóns económicas, especialmente cando están implicados menores de idade, persoas maiores, persoas con diversidade funcional ou familias en risco de exclusión social”.
Neste contexto, a Asociación solicita ás diferentes administracións públicas que reforcen as políticas de vivenda mediante:
- O incremento do parque público de vivenda.
- A promoción de programas de alugueiro accesible e estable.
- O fortalecemento dos servizos de mediación entre propietarios e inquilinos.
- A implantación de medidas preventivas que permitan evitar situacións de perda da vivenda.
Así mesmo, considera “imprescindible que, antes da execución de calquera lanzamento, se esgoten todas as vías de diálogo, negociación e acompañamento social, procurando alternativas que garantan a protección das persoas afectadas e preserven a súa dignidade”.
Como entidade veciñal comprometida coa defensa dos intereses da cidadanía, a Asociación
Máis novas
Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña
Marta e os seus fillos quedan: A mobilización volve demostrar que “xuntos somos forza”

