InicioCULTURAOs Fotoxornalistas amosan na Dársena "A Galicia inédita"

Os Fotoxornalistas amosan na Dársena “A Galicia inédita”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Inaugurouse onte, na avenida de Montoto, fronte a Dársena a segunda edición da exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”. Organizada conxuntamente pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG) e pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), a expo recolle 92 imaxes, acompañadas doutros tantos textos literarios e xornalísticos elaborados por profesionais da comunicación, que plasman escenas e personaxes que pululan por esa Galicia inédita que poboa o noso imaxinario.

Esta segunda edición estará na Dársena, ao carón de Porta Real, ata o próximo 20 de agosto, como relataron María Méndez González, presidenta da APG, César Quián Taboada, videpresidente da APFG, e Fernando Blanco Rajo, comisario da exposición.
Tamén estiveron presentes o deputado José Ramón Rioboo e a alcaldesa Inés Rey, dando conta da colaboración de ambas entidades.

Todos recoñeceron así o labor que desenvolven a diario os reporteiros gráficos de Galicia.

Exposicion A Galicia Inedita na Coruna

O vicepresidente da APFG quixo ademais remarcar “o carácter inédito de moitas das imaxes expostas, que son un botón de mostra dun traballo sempre urxente e, en moitas ocasións, pouco visible”.

E o comisario da “Galicia inédita”, Fernando Blanco, dedicou a súa intervención a felicitar aos seus compañeiros fotoxornalistas e á Asociación de Periodistas de Galicia por “permitirnos bater este ano unha marca, cun total de 92 fotografías e outros tantos textos, o que no caso dos reporteiros gráficos supón a participación de case todos os profesionais en activo en Galicia”.

Blanco tamén lembrou que o xérmolo desta exposición deu o pulo definitivo para a constitución da Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, “que agora xa conta cunha ampla representación”, engadindo que a mostra supón ademais “unha reivindicación da profesionalidade no sector e un pioneiro e brillante exemplo de esforzo colectivo, aberto á ollada do conxunto da cidadanía”.

As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ou rural, ata sucesos que marcaron a actualidade dos últimos tempos en Galicia, pasando por obras que reflicten aspectos relacionados cos principais sectores produtivos da comunidade, conflitos laborais, manifestacións artísticas, festivas e culturais, ou natureza e fenómenos atmosféricos e meteorolóxicos.

 

ÚLTIMAS

Sindicatos denuncian que empresas do sector hostaleiro na Coruña ofrecen aumento de soldo se non se fai folga

Os sindicatos convocantes da folga no sector hostaleiro da Coruña --CC.OO., UXT e CIG--...

Feridas dúas persoas nun atropelo en Alonso Molina

Dúas persoas resultaron feridas tras ser atropeladas por un vehículo na avenida Alfonso Molina...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here