InicioA CORUÑAO Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer...

O Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer Cultural do IMCE

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña adxudicou o contrato para o Programa de Lecer Cultural do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), “que ofrecerá un servizo reforzado de actividades adaptadas os diferentes públicos durante todo o ano”, indica o goberno local.

O investimento para este curso aumenta e chega aos 279.642 euros, “dobrando a contía previa”, sostén. O número total de prazas para as persoas usuarias tamén se incrementará, situándose nas 11.205, un milleiro máis que o ano pasado.

No contrato, adxudicado á empresa Sportmadness Eventos, SL, inclúese un contido moi variado como talleres, programas de lecer de outono e primavera, os campamentos de Nadal e verán, as actividades de clausura, os talleres monográficos e o programa de sendeirismo.

O persoal profesional a cargo das actividades tamén aumentará. Haberá nove monitores que, ademais, terán formación especializada en Necesidades Educativas Especiais (NEE). En total, o programa incluirá o desenvolvemento de 27 talleres, incluídos catro talleres específicos para maiores, 12 sesións de outono e 14 de primavera dos ciclos temáticos.

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...