O Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) xunto co Concello da Coruña renderon homenaxe a Joaquín Martín Martínez, secretario municipal fusilado en 1936, coa inauguración dunha placa na súa memoria na praza das Atochas, no mesmo lugar no que foi detido cando se dirixía a María Pita para desenvolver o seu traballo.
Martón foi detido no propio lugar o 22 de xullo e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936 por defender a democracia e a liberdade fronte o fascismo.
Previamente, a xornada de memoria democrática comezou nos xardíns de Méndez Núñez cunha ofrenda floral ante o busto do alcalde Alfredo Suárez Ferrín, asasinado tamén pola represión franquista hai agora 90 anos.
A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

